Dom, 02 Feb 2020, 21:19
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Diario de adestramento // Domingo, 2 de febreiro de 2020 // Día 53 // km 80 da semana // 71,8 kg
14 DÍAS PARA C21
DÍAS COMPLICADOS: PERFECTOS PARA POTENCIA
Os domingos son os días que aproveito para facer a volta á ría, xa que é un día no que vense moitos menos coches pola estrada e hai zonas nas que se nota moito, como cruzando o polígono da Gándara.
Amais é un percorrido que fago coincidir aposta có trazado da media maratón Adolfo Ros, e desa maneira, cando veña a careira xa me resultará menos "descoñecido".
Hoxe, por zonas, sopraba bastante o vento. Iso, sumado á dureza do percorrido, con algunha costa importante, facía un día perfecto para correr por potencia en vez de tratar de facer un ritmo de km/min concreto.
Dese xeito, se vas a uns valores de potencia que para tí son asumibles, tendo en conta a distancia da proba, se as condicións se poñen duras, como cando sopra o vento de cara ou toca subir costas, en vez de tratar de correr a un ritmo concreto, o que facemos e varialo de tal xeito que sigamos movéndonos nuns márxenes de potencia asumibles para nosoutros.
Desa maneira acabarás pasando por esas zonas complicadas na certeza de que o fixeche o mellor que puideche e, ao mesmo tempo, quedas nas mellores condicións para continuar coa proba, xa que o gasto foi o necesario, nin mais nin menos.
No adestramento de hoxe o que me propuxen foi ir alternando entre dúas zonas de potencia que me proporciona Stryd, en base aos meus rendementos e datos que vou engadindo cada vez que salgo a correr (sempre con Stryd na zapatilla)
Unha mais suave, que Stryd nomea como Z2 Moderada con valores entre 244 e 275 w, que significarían entre o 80 e o 90% do valor máximo teórico que podería dar nunha hora, e outra chamada Z3 de Umbral, que rondaría entre o 90e o 100% da potencia que podo desenrolar nunha hora de esforzo, teoricamente, e que da uns valores entre 275 e 305 w.
Entón, simplemente fun alternando entre unha zona é outra cambiando cada km, independentemente do que tocase nese momento: se subía unha costa...se a baixaba....se planeaba...
E resulta curioso de ver, xa que as condicións fan que teñas que subir ou baixar o ritmo de carreira para manterte neses valores de esforzo. Como ese relaxamento que se da ao virar unha curva, ou ao chegar ao cume dunha costa. Son momentos, que logo da carreira analizo e doume de conta de que aí perdín un tempo precioso, e ves que os valores de potencia, independentemente do rápido ou lento que foras, ás veces baixan mais do desexado. Son momentos que teño que controlar mellor.
E o mesmo por enriba, como cando estás a subir unha costa e, cando te das de conta estás a desenrolar uns valores moi altos de potencia. Se fose para rematar aí a proba, pois vale, pero tendo en conta que despois aínda quedan uns cantos kms. pois convén pasar esa zona do mellor xeito posible.
Ao final vén sendo unha proba con unha especie de cambios de ritmo, pero baseándose na potencia non nos min/km. De xeito, por exemplo, ao rematar de subir ao Puntal, en Neda, tiven que acelerar ben para seguir mantendo o nivel alto de potencia. Pero é un aceleramento que non vai provocar unha fatiga desmedida, xa que tampouco te pasarás duns valores concretos de potencia.
Moi satisfeito con o experimento.
A sesión en Strava, con o quentamento, a proba en si mesma, e o enfriamento final:
https://www.strava.com/activities/3066332657
Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com