Calendario
Info da proba

Cross de Santiso

25/05/2024 18:00 - 20:00
Regulamento XII Cross de Santiso

Data: sábado, 25 de maio de 2024.
Horario:
PITUFOS - 17.00 h. (acompañados dun adulto)
PREBENXAMÍN - 17.05 h.
BENXAMÍN - 17.10 h.
ALEVÍN - 17.15 h.
INFANTIL, CADETE E PROMESA - 17.20 h.
ANDAINA - 17.30 h.
RESTO CATEGORÍAS - 18.00 h.
Distancias:
PITUFOS - 75 m, non competitiva.
PREBENXAMÍN - 130 m.
BENXAMÍN - 600 m.
ALEVÍN - 600 m.
INFANTIL, CADETE E PROMESA - 1065 m.
RESTO CATEGORÍAS - 14 km.
ANDAINA - 7 km.
Web: Cross de Santiso

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMENTO: XII CROSS DE SANTISO EN VISANTOÑA (Santiso)

A Asociación cultural e deportiva Abeancos organiza o sábado día 25 de maio do 2024 o XII Cross de Santiso en colaboración co Concello de Santiso e clubs da comarca. A continuación detallamos o regulamento da proba.

REGULAMENTO:
1- A saída e chegada das probas serán no campo da festa de Visantoña (Santiso). Ubicación: Google maps

2- O percorrido será maioritariamente por pistas de terra e bo firme cruzando en diferentes ocasións por pistas de asfalto abertas ao tráfico.

3- A competición será cronometrada pola empresa Championchipnorte quen se encargara de dirección de carreira e resultados. Todos os/as atletas deberán levar un dorsal-chip que lle proporcionara a organización.

4- Contaremos con avituallamento líquido no percorrido e líquido e sólido na meta.

5- Os/as participantes deberán recoller a “bolsa do corredor” para poder participar na proba. Esta será entregada o día da proba no lugar de saída/Meta (campo da festa de Visantoña-Santiso) dende ás 12.00 da maña ata media hora antes do inicio de cada unha das categorías.
* A oficina permanente da proba estará ubicada no Campo da festa de Visantoña(no caso de choiva dentro do pavillón).
* Para recoller a bolsa doutro participante será imprescindible acudir coa fotocopia do DNI deste.

6- A inscripción na proba farase a través da web championchipnorte.com ou a web do evento crossdesantiso.com antes do día 20 de maio, requisito
imprescindible para participar na proba sexa cal sexa a categoría.

- Datas de inscrición e prezos en cada disciplina:
- Andaina:
150 prazas
5€ do 25/02 o 20/05

- Infantil:
250 prazas
3€ do 25/02 o 20/05 o recaudado será doado a ANPA A Xuntanza
Categoría PITUFOS gratis

- Adultos:
350 prazas
15€ para os 200 primeiros inscritos
18€ para os inscritos desde o 201 ata o 350

- Categoría infantil dende os 0 ata os 18 anos

- Os atletas que participen na categoría de atleta local ou atleta Abeancos+ deberán indícalo marcando a casilla correspondente no momento da inscripción.

7- Categorías:
As categorías fixanse en función da idade dos participantes no día da proba.
-PITUFOS-sub 4 - atletas desde 0 a 4 anos
-PREBENXAMÍN-sub 8 - atletas de 5,6 e 7 anos
-BENXAMÍN-sub 10 - atletas de 8 e 9 anos
-ALEVÍN-sub 12 - atletas de 10 e 11 anos
-INFANTIL-sub 14 - atletas de 12 e 13 anos
-CADETE-sub 16 - atletas de 14 e 15 anos
-PROMESA-sub 18 - atletas de 16 e 17 anos
-SÉNIOR - atletas entre 18 a 35 anos
-VETERANO A - atletas entre 36 e 50 anos
-VETERANO B - atletas entre 51 e 65 anos
-VETERANO C - atletas de máis de 66 anos
-ATLETA LOCAL - atletas empadroados no Concello de Santiso
-ATLETA ABEANCOS+ - atletas empadroados na Terra de Abeancos (concellos de Toques, Melide, Vila de Cruces, Arzúa, Agolada, e Palas de Rei)

8- Distancias e horarios:
As distancias son aproximadas.
- PITUFOS - 75 m, non competitiva.
- PREBENXAMÍN - 130 m.
- BENXAMÍN - 600 m.
- ALEVÍN - 600 m.
- INFANTIL, CADETE E PROMESA - 1065 m.
- RESTO CATEGORÍAS - 14 km.
- ANDAINA - 7 km.

Os horarios establecidos son os seguintes:
- PITUFOS - 17.00 h. (acompañados dun adulto)
- PREBENXAMÍN - 17.05 h.
- BENXAMÍN - 17.10 h.
- ALEVÍN - 17.15 h.
- INFANTIL, CADETE E PROMESA - 17.20 h.
- ANDAINA - 17.30 h.
- RESTO CATEGORÍAS - 18.00 h.

9- Premios e trofeos:
- O pódium estará ubicado no campo da festa de Visantoña.
- A entrega de trofeos das categorías, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e promesa será ás 18.05 h.
- A entrega de trofeos do resto de categorías sera ás 20.15h.
--Agasallo para todos e todas as atletas nas categorías de PITUFOS na chagada dos/as participantes a meta.
--Trofeo para os 5 primeiros clasificados no resto das categorías establecidas (homes e mulleres). O pódium será mixto.
--Xeral, levaran trofeo os/as 5 primeiros/as clasificadas.
--Agasallo especial para os 5 clubs con máis atletas inscritos. Este agasallo enviarase a dirección do club que figure no rexistro da Xunta de Galicia, días despois da proba.
--Trofeo para o/a atleta de máis idade.

* Os trofeos non seran acumulables agás na categorías de atleta local, atleta Abeancos+ e atleta de máis idade
* No caso dos/as atletas locais e atleta Abeancos+ comprobarase o padrón do concello correspondente.

10- O tempo máximo para completar a proba de 14k é de dúas horas. Unha vez transcorrido este tempo dende que tivo lugar a saída, procederase a retirarlle o dorsal a aqueles atletas que ainda poidan estar correndo a proba e continuaran pola súa conta sen ter a garantida a atención por parte da organización.

11- As reclamacións faranse ao director da proba non máis tarde de 30 minutos tras a publicación dos resultados.

12- A proba conta cos servizos médicos regulamentarios asi coma duchas, gardaroupa e aparcamento para os vehículos dos/das participantes.

13- Cada corredor acepta as normas da proba polo mero feito de inscribirse e tamén participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e que pasou os pertinentes recoñecementos de saúde. A organización e empresas colaboradoras non se fan responsables de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falla de forma física do participante. O participante exime de toda responsabilidade a organización que puidera derivar da súa participación no evento (pérdida de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos, agresións...)

14- No referente á Lei Órganica de Protección de Datos: Tódolos corredores inscritos no evento aceptan a publicación do seu nome e posibles imaxes nas clasificacións, medios de comunicación e internet, páxina web do evento, de empresas colaboradoras, foros deportivos, etc…

15- A organización reserva o dereito de modificar este regulamento se considera que as circustancias escepcionais da proba o esixen.



Información actualizada a 15/5/2024.