Calendario
Info da proba

Trail do Nocedo

10/03/2024 9:00 - 13:00
Regulamento  EVENTO: III TRAIL DO NOCEDO
 DATA: domingo, 10 de marzo de 2024
 UBICACIÓN: Parque Joe Novas - localización
 PROBAS:
 Trail: 27 km / 1.500m d+ / saída: 09.00 h
 Trailiño: 15 km / 600m d+ / saída: 10.00 h
- A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento, que será de estrito cumprimento
para todxs os/as participantes do Trail do Nocedo.
- Todo/a participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións e regulamentacións impostas
pola organización, polo que libera expresamente á mesma ou a calquera outro patrocinador ou
colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa
participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
- O non cumprimento do regulamento, poderá implicar a descualificación inmediata.
ORGANIZACIÓN
 ORGANIZA: ASBEL (Asociación por Beluso)
 CONTACTO: traildonocedo@hotmail.com
 WEB: https://crosscaboudra.com/trail-do-nocedo/
 INSTAGRAM: https://www.instagram.com/trail_nocedo/
 FACEBOOK: https://www.facebook.com/TrailNocedo
REGULAMENTO – III Trail do Nocedo
PARTICIPACIÓN - Requisito Principal
Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar
fisicamente ben preparado/a para a carreira, gozar de boa
saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión
que poida agravarse coa súa participación en dita proba.
O/a deportista ASUME que para a realización da proba é
necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva.
PARTICIPACIÓN - Outros Requisitos
Para participar no TRAIL hai que ser maior de idade, e para o
TRAILIÑO a idade mínima será de 16 anos cumpridos antes da
celebración da proba.
Está prohibido ir acompañado por animais ou outras persoas
que non sexan participantes inscritxs na proba. No caso de
algún/ha participante con circunstancias especiais, deben
poñerse en contacto coa organización.
INSCRICIÓNS
Páxina Web:
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2624/iii-trail-do-nocedo
Fecha límite: martes, 5 de marzo (23.30 h)
 31/10/23 – 31/12/23: Trail: 20€ / Trailiño: 16€
 01/01/2024 – 15/02/24: Trail: 22€ / Trailiño: 18€
 16/02/24 – 05/03/24: Trail: 25€ / Trailiño: 20€
CANCELACIÓNS
En caso de non poder celebrar a proba (salvo causas de forza
maior), serán devoltas as inscricións ao 100%.
Calquera inscrito/a que queira darse de baixa do evento, poderá
facelo ata o domingo 11 de febreiro (23.59 h), devolvéndolle o
75% da cota de inscrición. Pasada esa data, NON se fará efectiva
tal devolución, podendo solicitar á organización un cambio de
datos por outro/a participante ata o dia 5 de marzo.
REGULAMENTO – III Trail do Nocedo
INFO. CIRCUITO
A información técnica das probas, así como os seus tracks, será
publicada na páxina web oficial da carreira:
https://crosscaboudra.com/trail-do-nocedo/
Calquera cambio ou modificación desta información farase
pública na mesma plataforma.
DORSÁIS - Recollida
PARQUE JOE NOVAS - localización
Os dorsais deberán ser recollidos no Parque Joe Novas,
respectando en todo momento os horarios asignados pola
organización:
 Sábado 9 marzo: 16.00/19.00 h.
 Domingo 10 marzo: ata 25´ antes da vosa proba.
DORSÁIS - Colocación
O/a participante deberá levar o dorsal facilitado pola
organización en todo momento, nun lugar visible non podendo
ser recortado, dobrado nin modificado.
A proba estará controlada electrónicamente mediante un
sistema de chips. Os/as participantes levarán o chip integrado
no dorsal, por iso é importante colocalo correctamente.
MATERIAL
 Teléfono carga completa: Obrigatorio para o TRAIL.
 Depósito auga 500 ml: Obrigatorio para TRAIL e TRAILIÑO.
 Manta térmica: Obrigatorio para o TRAIL.
 Calzado adecuado: Obrigatorio para TRAIL e TRAILIÑO.
En caso de non cumprir con estes requisitos, a Organización
queda eximida de toda responsabilidade ante as incidencias
derivadas que se poidan producir.
REGULAMENTO – III Trail do Nocedo
SEGURIDADE
O circuíto das probas estará sinalizado con cinta balizadora e
sinalética. O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo
que os/as participantes deberán extremar as precaucións e
respectar as indicacións do persoal que alí se atopen.
Existen zonas de abandono ou retirada, onde a organización
garantirá en todo momento a chegada a meta de cada
participante, nas máximas garantías de atención e seguridade.
TEMPOS DE CORTE - Trail
Establécense 3 puntos de control, moi sinxelos de superar.
Os/as participantes que non alcancen ese punto nun tempo
inferior ao establecido deberán abandonar a proba, sendo a
organización a responsable de garantir a súa chegada a meta.
 Km 12´1 (lago borrallido):antes das 11.00 h
 Km 13´7 (túnel): antes das 11.30 h
 Km 18´4 (trono raiña): antes das 12.30 h
TEMPOS DE CORTE - Trailiño
Non hai tempos especificados de corte no Trailiño.
Non obstante, a organización reservase o dereito de
descualificar a calquer/a atleta que non favoreza o desenrolo
da carreira ou non cumpra o requisito básico de estar en
perfectas condicións físicas para levar a cabo a proba.
AVITUALLAMENTOS
A organización poñerá a disposición de todxs os/as participantes
varios avituallamentos repartidos polo percorrido:
 km 8´4: auga + isotónico + sólido
 km 13,7: auga + isotónico + sólido
 km 20: auga + isotónico
 km 23´1: auga + isotónico + sólido
 Meta: BOUFETTE LIBRE (importante facer un uso responsable).
REGULAMENTO – III Trail do Nocedo
CATEGORÍAS PREMIABLES – Trail / non acumulables
ABSOLUTA 1º clasificado/a.
13.15 h
SENIOR: ata os 39 anos 1º/2º/3º clasificado/a.
VETERÁN 40: 40-49 anos 1º/2º/3º clasificado/a.
VETERÁN 50: 50 ou +anos 1º/2º/3º clasificado/a.
EQUIPOS 1º/2º/3º clasificado.
EQUIPOS: Obrigatorio 4 participantes, obténdose a clasificación
final en función dos 3 mellores tempos de cada equipo.
CATEGORÍAS PREMIABLES – Outros
TRAILIÑO 1º/2º/3º clasificado/a. 12.30 h
EMPADROADO/A BUEU 1º clasificado/a TRAIL. 13.15 h
1º INSCRITO/A Premio Único
Pendente PARTICIPANTE DE +LONXE Premio Único
PARTICIPANTE +VETERÁN Feminina e Masculino
EQUIPO +PARTICIPANTES Premio Único
RESPECTO MEDIOAMBIENTAL
Os/as participantes deberán respectar o medio no que se realiza
a proba. Para iso deberán comer e beber sen deixar ningún
envase fóra dos recipientes habilitados para tal uso.
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación
destas normas de carácter especial para co medio ambiente.
Unha parte importante da proba desenvólvese no interior de
espazos protexidos.
DEREITOS DE IMAXE
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dxs
participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e
posteriores, dende a recollida de dorsais, entrega de premios e
traslado dxs participantes.
Estes arquivos utilizaranse para a promoción e difusión da
proba sen ningún límite temporal para o seu uso.
REGULAMENTO – III Trail do Nocedo
SERVIZOS
A organización porá a disposición dos/as participantes unha
serie de servizos para a súa comodidade:
 Aparcadoiro - localización
 Duchas
 Gardaroupa
 Recuperación: masaxe + estiramentos + crioterapia.
 Avituallamentos
INFORMACIÓN XERAL
A organización resérvase o dereito de tomar decisións e realizar
as modificacións que considere oportunas en función dos
diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por forza maior.
A organización non se fará responsable dos obxectos de valor
extraviados polxs participantes.