Calendario
Info da proba

Padrón

03/02/2024 17:30 - 19:00
Regulamento XXI PADRÓN 10K
Data: sábado, 3 de febreiro de 2024.
Hora: a partir das 16:00h.
Lugar: Padrón (Campo do Souto).
Distancia: de 60 m a 10 km homologados pola RFEA.
Organiza: Concello de Padrón.
REGULAMENTO
1.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da
carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2.- CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
*Pitufo F/M: Nadas/os en 2020 e posteriores.
*Prebenxamín F/M: Nadas/os en 2017, 2018 e 2019
Sub 10 F/M: Nadas/os en 2015 e 2016
Sub 12 F/M: Nadas/os en 2013 e 2014
Sub 14 F/M: Nadas/os en 2011 e 2012
Sub 16 F/M: Nadas/os en 2009 e 2010
Sub 18 F/M: Nadas/os en 2007 e 2008
Sub 20 F/M: Nadas/os en 2005 e 2006
Sub 23 F/M: Nadas/os en 2002, 2003 e 2004
Senior F/M: Nadas/os entre 1989 e 2001
Máster A F/M: Nadas/os entre 1978 e 1988
Máster B F/M: Nadas/os entre 1968 e 1977
Máster C F/M: Nadas/os en 1967 e anteriores.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas, polo cal non haberá clasificacións.
3.- PERCORRIDOS E HORARIOS
A saída e chegada das probas estará situada no Campo do Souto.
Os circuitos da proba absoluta de 10 km e 5 km en ruta, estarán homologadas pola Real Federación
Española de Atletismo e as marcas pasarán ao ranking oficial de ambas distancias (5 k e 10 k).
HHOORRAA CCAATTEEGGOORRÍ
ÍAA DDI
IISSTTAANNCCI
IIAA
16:00 h PITUFOS 60 m
16:10 h PREBENXAMÍN 300 m
16:20 h SUB 10 600 m
16:30 h SUB 12 - SUB 14 1.200 m
16:45 h SUB 16 - SUB 18 - SUB 20 - SUB 23 -
SENIOR - MASTER
5 km homologados pola RFEA
17:30 h SUB 20 - SUB 23 - SENIOR - MASTER 10 km homologados pola RFEA
4.- INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes no XXI PADRON 10K quedará aberto dende o martes 19 de
decembro, ata as 23:59 horas do mércores 31 de xaneiro. A partir da citada data non se admitirán
inscricións.
As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es (soporte técnico: 654
285 692 – email: soporte@emesports.es)
Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha soa carreira (5 K ou 10 K).
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 14): De balde
- 5 K e 10 K homologados (de sub 16 a máster): 7 €
5.- DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30
a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das
carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir colocado na parte anterior do
corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e sen dobreces.
Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
6.- CAIXÓNS DE SAÍDA
Na proba 10K estableceranse caixóns de saída en función da inscrición final e segundo as marcas
acreditadas polos participantes na mesma en probas homologadas.
As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo a quenda e
hora de saída que se lles asigne reflexado, tanto nos listados previos publicados, como no propio dorsal de
competición. No caso de que o/a participante non estea presente na hora asignada, perderá o dereito de
participación na proba.
7.- DESCUALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos FGA e
RFEA en vigor, por esta orde, referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do xuiz árbitro da
competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo máximo de 30
minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
8.- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DE OUTRAS
FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS
A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirae segundo o regulamento
de competición da Real Federación Española de Atletismo para probas de calendario autonómico:
Ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-24/Reglamento%20de%20Competición.pdf
9.- PREMIOS EN METÁLICO (CARREIRA 10K)
Premios individuais absoluta M/F
1º/ª - 250 €
2º/ª - 150 €
3º/ª - 75 €
4º/ª - 50 €
Premios individuais corredores locais M/F
1º/ª - 50 €
10.- PREMIOS E TROFEOS
• CARREIRA 10K (dende SUB 20 ata MÁSTER).
✓ Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en homes como en mulleres.
✓ Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación absoluta.
✓ Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da clasificación absoluta.
✓ Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados da proba absoluta.
✓ Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalicen a proba.
✓ Trofeo Supermáster, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou
muller.
✓ Obsequio para os/as participantes.
• CARREIRA 5K (dende SUB 16 ata MÁSTER).
✓ Trofeos para os tres primeiros/as clasificados/as da categoría SUB 16, SUB 18 e da absoluta, tanto en
homes como en mulleres.
Na clasificación da proba absoluta incluiranse as categorías SUB 16 e SUB 18.
✓ Obsequio para os/as participantes.
• PROBAS ESCOLARES (dende PITUFO ata SUB 14).
✓ Medallas para os/as participantes.
✓ Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en homes como en mulleres,
excepto nas categorías PITUFO e PREBENXAMÍN.
✓ Obsequio para os/as participantes.
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña
de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de
empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Todos os membros dos clubs participantes deberán estar inscritos na web www.emesports.es
OS PREMIOS SERÁN ACUMULATIVOS
11.- ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
Os/as participantes das categorías escolares recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña
de chegada.
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será no Auditorio municipal do Centro
Social, ao carón da liña de chegada, ás 19:15 h.
Os participantes premiados que non acudan ao acto de entrega de premios e trofeos, non terán dereito aos
mesmos posteriormente (incluídos os premios en metálico).
O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é obrigatorio, unha
vez que rematen as probas, que os atletas e clubes premiados se acheguen ó auditorio municipal (zona de
entrega de trofeos) e cubran un documento cos datos requeridos (presentación do dni ou documento
acreditativo da identidade, entidade bancaria, nº de conta, domicilio e tlf de contacto).
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.
A organización reservarase o dereito de solicitar o DNI ou documento acreditativo de identidade e/ou idade
dun participante en caso de dúbida ou posterior reclamación que poida afectar á entrega de premios da
categoría á que afecte.