Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia

10/03/2024 11:20 - 12:50
Regulamento XVI CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2024
10 K – 5 K – CARREIRAS ESCOLARES
10 DE MARZO DE 2024
A Concellería de Deportes de Xinzo de Limia organizará o domingo 10 de marzo de 2024 a XVI
edición da súa carreira popular que será á súa vezCampionatoXunta deGalicia de 10 kmen ruta 2024.
As probas realizaranse baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo e estarán suxeitas ao seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1 .- SAIDA e META.
A saída e meta das probas estará situada diante do Polideportivo de Xinzo de Limia.
• Ubicación -> https://maps.app.goo.gl/FFrpSodJTnFDwPro8
Artigo 2 .- Horarios e distancias.
HORA CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIAS (Aprox.)
10:30 h Sub 18 e sup. 2008 e anteriores 5 Km homologados pola
RFEA
11:20 h Sub 20 e sup. 2006 e anteriores 10 Km homologados
pola RFEA
12:30 h Sub 14 – Sub 16 De 2009 a 2012 1,9 km aprox.
12:50 h Sub 10 – Sub 12 De 2013 a 2016 930 m aprox.
13:05 h Sub 8 2017 e 2018 350 m aprox.
13:15 h Pitufos De 2019 a 2022 150 m aprox.
Artigo 3 .- Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías en cada proba programada na competición:
Carreiras Escolares
CATEGORÍA ANOS HORARIO DISTANCIA
SUB 10 NADAS/OS NO 2015-2016
12:50 h
930 m. aprox.
(1 voltas Cir-1) SUB 12 NADAS/OS NO 2013-2014
SUB 14 NADAS/OS NO 2011-2012
12:30 h
1,9 Km. aprox.
SUB 16 NADAS/OS NO 2009-2010 (2 voltas Cir-1)
SUB 8 NADAS/OS NO 2017-2018 13:05 h 350 m
PITUFOS NADAS/OS ENTRE 2019 E 2022 13:15 h 150 m
Carreira 5 K
CATEGORÍA ANOS HORARIO DISTANCIA
SUB 18 NADAS/OS NO 2007-2008
10:30 h
5 Km homologados
pola RFEA
ADULTO NADAS/OSNO 2006 E
POSTERIORES
Carreira 10 K
CATEGORÍA ANOS HORARIO DISTANCIA
SUB 20 NADAS/OS NO 2005-2006
SUB 23 NADAS/OS NO 2002-2003-2004
SENIOR NADAS/OS NO 2001 E ATA
MASTER
MÁSTER 1 DE 35 A 44 ANOS 11.20 h
10 Km homologados pola
RFEA
MASTER 2 DE 45 A 54 ANOS
MASTER 3 DE 55 A 64 ANOS
MASTER 4 DE 65 ANOS EN ADIANTE
CATEGORÍAS: So se poderá participar na categoría que se corresponda co ano de
nacemento.
A organización poderá modificar as distancias e os horarios da saída en función das
inscricións recibidas para as categorías escolares.
Artigo 4 .- Inscricións.
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o
mércores 6 de marzo ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións a partir deste prazo
nin o día da proba.
PREZOS E PRAZOS
PROBA CATEGORÍAS PREZO PRAZO
ESCOLARES DE PITUFO A SUB 16 GRATUITA
6 de marzo ás
23:59 horas
5 K SUB 18 E ADULTO 7 €
6 de marzo ás
23:59 horas
10 K DE SUB 20 A MÁSTER 7 €
6 de marzo ás
23:59 horas
NOTA:
Os atletas locais que desexen entrar nestas premiacións deberán sinalar se están
empadroados no Concello de Xinzo de Limia.
As inscricións para o Campionato Xunta de Galicia de 10 km en ruta realizaranse a
través da web https://sdp.rfea.es ata o luns anterior á competición (plataforma
habilitada só para clubs federados). Toda a información sobre o campionato poderá
consultarse na circular do mesmo presente na páxina web www.atletismo.gal.
As inscricións do campionato serán GRATUTITAS. Todas/os aquelas/es atletas que non
aboen a cota de inscrición da carreira popular na web www.carreirasgalegas.com
non poderán optar aos premios e agasallos da mesma.
Artigo 5 .- Circuítos.
Os circuítos de 5 K e 10 K estarán sinalizados cada kilómetros e homologados pola Real
Federación Española de Atletismo, co cal entrarán a formar parte do ranking autonómico
e nacional de ditas distancias.
A organización contará coa colaboración de Protección Civil e dos organismos municipais
competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
Artigo 6 .- Entrega de dorsais.
A entrega dos dorsais realizarase o día da proba no Polideportivo de Xinzo de Limia con
límite ata 30’ antes do inicio de cada proba.
Artigo 7 .- Clasificacións e peche de control.
A clasificación será absoluta e por categorías. Na proba prebenxamín e pitufo non haberá
clasificación.
Na proba de 5 K o control de chegada pecharase 45’ despois da hora de saída da proba.
Na proba de 10 K o control de chegada pecharase 1 h e 10’ despois da hora de saída da
proba.
Artigo 8 .- Premios e agasallos.
Todas/os as/os participantes inscritos en tempo e forma na páxina web
www.carreirasgalegas.com recibirán un agasallo de organización conmemorativo da
proba. Estableceranse os seguintes premios segundo os resultados das competicións:
PREMIOS
CATEGORÍAS PREMIOS
SUB 10
SUB 12
SUB 14
SUB 16
MEDALLAS PARA OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS
CARREIRAS
ABSOLUTAS
5 K e 10 K
1º CLAS. MASC: TROFEO
2º CLAS. MASC: TROFEO
3º CLAS. MASC: TROFEO
1º CLAS. FEM: TROFEO
2º CLAS. FEM: TROFEO
3º CLAS. FEM: TROFEO
CARREIRA 5 K:
SUB 18 TROFEO PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA
CARREIRA 10 K:
SUB 20
SENIOR
MÁSTER 1
MÁSTER 2
MÁSTER 3
MÁSTER 4
TROFEO PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA.
(OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS DOS ATLETAS
LOCAIS)
ATLETAS LOCAIS 10 K
(Empadroados no
Concello de Xinzo)
1º LOCAL MASC: TROFEO
2º LOCAL MASC: MEDALLA
3º LOCAL MASC: MEDALLA
1º LOCAL FEM: TROFEO
2º LOCAL FEM: MEDALLA
3º LOCAL FEM: MEDALLA
SUB 8 E PITUFOS MEDALLAS PARA OS PARTICIPANTES QUE CHEGUEN Á META
MAIOR IDADE TROFEO
MÁIS NOVO TROFEO
Artigo 9 .- Descualificacións e reclamación ós resultados da competición.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
percorrido da carreira, non levar dorsal ou manipular o mesmo, falsificar datos persoais
na inscrición ou ter algún comportamento antideportivo entre outros.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de competición da FGA,
RFEA e WA para probas en ruta, por esta orde, para a presente tempada.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da competición, non máis
tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados oficiais.
Artigo 10 .- Servizos médicos e seguro deportivo.
A proba contará cos servicios médicos obrigatorios. Todas/os as/os participantes estarán
cubertos por un seguro de accidentes deportivos inherente á proba.