Calendario
Info da proba

Torre de Hércules - Coruña Corre

23/03/2024 20:00 - 21:00
Regulamento REGULAMENTO ESPECÍFICO DA CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES
Artigo 1. Data de realización
Sábado, 23 de marzo de 2024
Artigo 2. Inscricións e cotas
Data límite e cota de inscrición na carreira
A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 17 de marzo de 2024.
As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.corunacorre.com.
A cota de inscrición para participar na carreira será de 3 € máis 2 € polo chip refugable (non reutilizable), agás
persoas desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove, que será de 2 € máis 1 € polo chip
refugable.
- Participación no circuíto e inscrición en cada unha das carreiras, segundo o indicado no art. 4 do
regulamento xeral do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2024:
Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición e confirmación efectuarase a través
da web www.coruna.gal/carreiraspopulares.
Existen a seguinte posibilidade de inscrición:
A) Inscrición única ao Circuíto. Este tipo de inscrición xera automaticamente a inscrición en cada unha
das carreiras, con necesidade de confirmar a participación de xeito individual para cada carreira. Esta
modalidade de inscrición é a única forma de puntuar para o circuíto e optar aos premios.
CIRCUÍTO: INSCRICIÓN ÚNICA E DORSAL ÚNICO
O prazo para inscribirse no circuíto comezará desde a data de publicación das presentes bases
na web municipal e rematará ás 23.59 h. do domingo 5 de maio, data na que finaliza o prazo
de inscrición para a 3.ª carreira do circuíto, a XV Baixada Popular de Cross San Pedro de
Visma, que se realizará o 12 de maio de 2024.
Ojo morado Inscricións a cada carreira de forma independente. É obrigatorio inscribirse en cada carreira, desde a
apertura de inscricións de cada carreira ata as 23.59 h. do domingo anterior á data de comezo da
mesma.
Esta forma de inscrición non puntúa para o global do circuíto aínda que se participe en todas as
carreiras do mesmo.
Artigo 3. Horarios de saída e distancia
HORA CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA
17.00 PEQUES* Que cumpran 8 anos ou menos, durante este ano. 150 m aprox.
17.30 SUB 10* Que cumpran 9 e 8 anos, durante este ano. 800 m aprox.
17.45 SUB 12* Que cumpran 11 e 10 anos, durante este ano. 800 m aprox.
18.00 SUB 14 Que cumpran 13 e 12 anos, durante este ano. 1.600 m aprox.
18.15 SUB 16 Que cumpran 15 e 14 anos, durante este ano. 2.400 m aprox.
18.30 SUB 18 Que cumpran 17 e 16 anos, durante este ano. 2.400 m aprox.
19.10 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES
20.00 ABSOLUTA 6.625 m aprox.
21.15 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
*Horarios aproximados en función da participación.
Artigo 4. Lugar e recollida de dorsais
Frontón Curto da Cidade Deportiva da Torre
Paseo Alcalde Francisco Vázquez. 15003 A Coruña
 Venres 22 de marzo, das 17.00 ás 21.30 horas
 Sábado 23 de marzo, desde as 10.00 horas ata media hora antes do comezo de cada unha das
carreiras.
Artigo 5. Lugar de saída e meta (Ver circuíto na páxina www.coruna.gal/carreiraspopulares.)
 Saída: Paseo dos Menhires (zona da estatua de Breogán)
 Meta: Torre de Hércules
Artigo 6. Peche de control da carreira absoluta
Ás 21.00 horas
Artigo 7. Servizo de duchas
Na Cidade Deportiva da Torre. O servizo de duchas e vestiario será só para as persoas participantes na
categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 19.30 h.
Artigo 8. Servizo de gardarroupa
No frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario de 19.00 a 21.30 h
Artigo 9. Uso e devolución do chip
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas deportivas ou cunha nocelleira á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora. Chip
amarelo das/os propietarias/os (non se devolve).
Ojo morado Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización deste).
c) Chip refugable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve).
Artigo 10. Avituallamento na meta
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías
no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
Artigo 11. Clasificacións
Poderase consultar a clasificación da carreira a través do código QR do dorsal.
Artigo 12. Horario e lugar da entrega de premios
Horario
CATEGORÍAS INFERIORES: ás 19.10 horas (categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e sub-18)
CARREIRA ABSOLUTA: ás 21.15 horas
Entregaráselles o Trofeo Varela Calviño ás persoas vencedoras absolutas, ao primeiro home e á
primeira muller da carreira absoluta.
Lugar
FRONTÓN DA CIDADE DEPORTIVA DA TORRE
Só poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as.
Con carácter xeral, as e os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
perderán o dereito a recollelo.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberán
poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes, onde se custodiarán os trofeos non recollidos durante
un prazo máximo de 15 días.