Calendario
Info da proba

Oza - Coruña Corre

07/04/2024 10:00 - 11:00
Regulamento DATA DE REALIZACIÓN
Domingo , 7 de abril de 2024
INSCRICIÓNS E COTAS
Data límite e cota de inscrición na carreira
A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 31 de marzo de 2024.
As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou
www.corunacorre.com.
Participación no circuíto e inscrición en cada una das carreiras, segundo o indicado no
art. 4 do regulamento xeral do Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre 2024:
Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición e confirmación efectuarase a
través da web www.coruna.gal/carreraspopulares.
Existen a seguinte posibilidade de inscrición:
1. Inscrición única ao Circuíto. Este tipo de inscrición xera automaticamente a inscrición en
cada unha das carreiras, con necesidade de confirmar a participación de xeito individual
para cada carreira. Esta modalidade de inscrición é a única forma de puntuar para o circuíto
e optar aos premios.
CIRCUÍTO: INSCRICIÓN ÚNICA E DORSAL ÚNICO
O prazo para inscribirse no circuíto comezará desde a data de publicación das presentes
Bases na web municipal e rematará ás 23.59 h do domingo 5 de maio, data na que finaliza
o prazo de inscrición para a 3.ª carreira do circuíto, a XV Baixada Popular de Cross San
Pedro de Visma, que se realizará o 12 de maio de 2024.
2. Inscricións a cada carreira de forma independente. É obrigatorio inscribirse en cada
carreira, desde a apertura de inscricións de cada carreira ata as 23:59 h. do domingo
anterior á data de celebración da mesma.
Esta forma de inscrición non puntúa para o global do circuíto aínda que se participe en
todas as carreiras do mesmo.
COTA DE INSCRICIONS, segundo o indicado no art. 5 do regulamento xeral do Circuíto de
Carreiras Populares Coruña Corre 2024:
Extracto: (máis información equipos e outros no incluídos no cadro seguinte)
INSCRICIÓN AO CIRCUÍTO)
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos e Carné
Xove
Cota 12,00 € 7,00 €
Chip 12,00 € * 12,00€ *
Total 24,00 € 19,00 €
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
*Chip circuíto: Os participantes que merquen o chip para a presente edición poderán devolvelo
ao remate da última carreira e recuperarán a fianza de 5€
A cota de inscrición para participar ÚNICAMENTE nesta XI CARREIRA POPULAR VOLTA A
OZA será de 3 € máis 2 € polo chip refugable (non reutilizable), coa excepción das persoas
desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove, que será de 2 € máis 1 €
polo chip refugable.
INSCRICIÓN A CADA CARREIRA (DE FORMA INDEPENDENTE))
Concepto Maiores de 18 anos en xeral Persoas desempregadas, +65 anos e Carné
Xove
Cota 3,00 € 2,00 €
Chip refugable 2,00 € 1,00€
Total 5,00 € / carreira 3,00 € / carreira
Inscrición (Cota e chip) para menores GRATUÍTA
HORARIO DE SAÍDAS E DISTANCIAS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:00 ABSOLUTA 6.250 m aprox.
11:15 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
11:30 SUB 18 Que cumplan 17 e 16 anos, durante este ano. 2.430 m aprox.
11:30 SUB 16 Que cumplan 15 e 14 anos, durante este ano. 2.430 m aprox.
11:45 SUB 14 Que cumplan 13 e 12 anos, durante este ano. 1.650 m aprox.
12:00 SUB 12* Que cumplan 11 e 10 anos, durante este ano. 810 m aprox.
12:15 SUB 10* Que cumplan 9 e 8 anos, durante este ano. 810 m aprox.
12:30 PEQUES* Que cumplan 8 anos ou menos, durante este ano. 150 m aprox.
13:00 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES*
*Horarios orientativos en función da participación.
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS:
 Sábado 6 de abril no Complexo Deportivo Municipal de San Diego de 11:00h a 20:30 h
 Domingo 7 de abril: no Complexo Deportivo Municipal de San Diego, dende as 9:00h
ata 1 hora antes do comezo de cada unha das categorías.
CATEGORÍA “PEQUES”
Os participantes no circuíto da categoría “peques” deberán recoller as súas pulseras
identificativas para a carreira no espazo de recollida de dorsaís nas datas e horas establecidas.
SERVIZO DE GARDARROUPA
 Complexo Deportivo Municipal de San Diego de 09:30 a 11:30 h.
LUGAR DE SAÍDA E META:
 Parque de San Diego
PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA:
 Ás 11:15 horas
SERVIZO DE DUCHAS:
 Complexo Deportivo Municipal de San Diego de 10:30 a 13:00h.
USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP:
a) O chip debe de ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha tobillera á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice o corredor.
Chip amarelo en propiedade (non se devolve)
Ojo morado Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do Circuíto)
c) Chip refugable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (Non
se devolve)
AVITUALLAMENTO DE META:
Proporcionarase auga e avituallamento sólido a todos os participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
HORARIO ENTREGA DE PREMIOS:
 Horario Entrega Categoría Absoluta: 11:15 horas
 Horario Entrega Categoría Menores: 13:00 horas (condicionado pola participación na
categoría de Peques)
Lugar: Na zona de saída/meta ou no Polideportivo Municipal San Diego en caso de choiva.
 Os atletas premiados deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no
momento en que por megafonía se anuncie o inicio da mesma, así como estar
pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
 Agradecemos aos responsables dos clubes que teñan constancia de que o atleta non
está presente, o comunique na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
 Exclusivamente poderán subir ao podium os atletas premiados.
 Con carácter xeral, os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.