Calendario
Info da proba

Coruña Corre - Visma

12/05/2024 10:00 - 11:00
Regulamento XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, A Coruña
Circuíto Coruña Corre

Data: domingo, 12 de maio de 2024.
Hora:
10:00 ABSOLUTA (2006 e anteriores)
11:15 SUB18 (2007-2008)
11:30 SUB16 (2009-2010)
11:45 SUB14 (2011-2012)
12:00 SUB12 MASCULINO(2013-2014)
12:15 SUB10 MASCULINO (2015-2016)
12:30 PEQUES (2017 e posteriores)
Distancia: de 110 a 6.395 m.
Web: Coruña Corre

:: Le e comenta a Baixada de Visma neste tema do foro ::

Percorrido absoluta (clic para ampliar)


INSCRICIÓNS E COTAS
Data límite e cota de inscrición na carreira
A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 5 de maio de 2024.
As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.corunacorre.com.

Participación no circuíto e inscrición en cada unha das carreiras, segundo o indicado no art. 4 do Regulamento xeral do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2024:
Poderán participar atletas populares e federados/as. A inscrición e confirmación efectuarase a través da web ww.coruna.gal/carreraspopulares.

Existen as seguintes posibilidades de inscrición:
1. Inscrición única ao circuíto. Este tipo de inscrición xera automaticamente a inscrición en cada unha das carreiras, con necesidade de confirmar a participación de xeito individual para cada carreira. Esta modalidade de inscrición é a única forma de puntuar para o circuíto e optar aos premios.

CIRCUÍTO: INSCRICIÓN ÚNICA E DORSAL ÚNICO
O prazo para inscribirse no circuíto comezará desde a data de publicación das presentes bases na web municipal e rematará ás 23.59 h do domingo 5 de maio, data na que finaliza o prazo de inscrición para a 3.ª carreira do circuíto, a XV Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, que se realizará o 12 de maio de 2024.

2. Inscricións a cada carreira de forma independente. É obrigatorio inscribirse en cada carreira, desde a apertura de inscricións de cada carreira ata as 23.59 h do domingo anterior á data da súa realización.

Esta forma de inscrición non puntúa para o global do circuíto aínda que se participe en todas as carreiras do dito circuíto.

COTA DE INSCRICIONS, segundo o indicado no art. 5 do Regulamento xeral do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2024:
Extracto: (máis información de equipos e outros non incluídos no cadro seguinte)
INSCRICIÓN AO CIRCUÍTO)
Concepto Maiores de 18 anos en xeral
Persoas desempregadas, +65 anos e Carné Xove
Cota 12,00 € 7,00 €
Chip 12,00 € * 12,00€ *
Total 24,00 € 19,00 €

Inscrición (cota e chip) para menores GRATUÍTA

*Chip circuíto: as persoas participantes que merquen o chip para a presente edición poderán devolvelo ao remate da última carreira e recuperarán a fianza de 5 €.

A cota de inscrición para participar UNICAMENTE nesta XV BAIXADA POPULAR DE CROSS SAN PEDRO DE VISMA será de 3 € máis 2 € polo chip refugable (non reutilizable), coa excepción das persoas desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove, que será de 2 € máis 1 € polo chip refugable.

INSCRICIÓN A CADA CARREIRA (DE FORMA INDEPENDENTE))
Concepto Maiores de 18 anos en xeral
Persoas desempregadas, +65 anos e Carné Xove
Cota 3,00 € 2,00 €
Chip refugable
2,00 € 1,00€
Total 5,00 € / carreira 3,00 € / carreira

Inscrición (cota e chip) para menores GRATUÍTA

INSCRICIÓNS: a data límite será o domingo 5 de maio ás 23.59 horas.

Inscrición en liña: www.corunacorre.com

HORARIO DE SAÍDAS E DISTANCIAS*
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10.00 ABSOLUTA 6.490 m aprox.
11.00 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
11.15 SUB 18* Que cumpran 17 e 16 anos durante este ano. 2.300 m aprox.
11.30 SUB 16* Que cumpran 15 e 14 anos durante este ano. 2.300 m aprox.
11.45 SUB 14 Que cumpran 13 e 12 anos durante este ano. 1.600 m aprox.
12.00 SUB 12* Que cumpran 11 e 10 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.15 SUB 10* Que cumpran 9 e 8 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.30 PEQUES* Que cumpran 7 anos ou menos durante este ano. 110 m aprox.
13.00 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES*

*Horarios orientativos en función da participación

LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
- Sábado 11 de maio no Centro Cívico San Pedro de Visma das 11.00 ás 20.30 h
- Domingo 12 de maio no Centro Cívico San Pedro de Visma ata 1 hora antes do comezo de cada unha das categorías.

As persoas participantes no circuíto da categoría “peques”, ademais do dorsal, deberán recoller as súas pulseiras identificadoras para a carreira no espazo de recollida de dorsais. Media hora antes da súa saída, esta entrega realizarase no arco de saída de peques.

LUGAR DE SAÍDA E META CARREIRA ABSOLUTA:
- Rúa San Pedro de Visma, cruzamento coa rúa Aguillón, próximo ao Centro Cívico.

PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA: Ás 11.00 horas.

SERVIZO DE GARDARROUPA
O día da carreira, das 9.30 ás 11.15 horas no Centro Cívico San Pedro de Visma

SERVIZO DE DUCHAS
Polideportiva de Labañou. Horario: das 10.30 ás 13.00 h

USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP:
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice o/a corredor/a. Chip amarelo en propiedade (non se devolve).
b ) Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
c) Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve).

AVITUALLAMENTO DE META:
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

HORARIO DA ENTREGA DE PREMIOS:
- Horario da entrega á Categoría Absoluta: 11.00 horas
- Horario da entrega á Categoría Menores: 13.00 horas (condicionado pola participación na categoría de Peques)
Lugar: na zona de saída/meta
- Os/as atletas premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o inicio dela, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
- Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
- Exclusivamente poderán subir ao podio as e os atletas premiados.
- Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio, no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
- Aqueles/as atletas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia, no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Información actualizada a 10/5/2024.