Calendario
Info da proba

Pantón

26/05/2024 12:00 - 13:00
Regulamento XXII Carreira Popular Rota do Románico, Pantón

Data: domingo, 26 de maio de 2024.
Hora:
Categorías menores: 11:00 h.
Adultos: 12:00 h.
Distancia: de 50 a 6.270 m.
Inscricións: Championchip Norte

:: Le e comenta a Rota do Románico no foro de Carreiras Populares ::

Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe proporcionado pola organización, excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría E - nad@s entre 2005 e 2008.
Categoría F - nad@s entre 1990 e 2004.
Categoría G - nad@s entre 1980 e 1989.
Categoría H - nad@s entre 1970 e 1979.
Categoría I - nad@s entre 1969 e anteriores.

INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o martes 21 de maio ás 23:59 horas.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax.

Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-DNI
-Club (no caso de telo)
-Localidade
-Teléfono Móbil

A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Percorrido:
6,27 Km.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (26 de maio) na carpa da organización sita diante do edificio sociocultural de 09:30 a 11:30.

PREMIOS POR CATEGORÍAS ADULTOS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo

Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

-INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas no complexo deportivo Monte Baliño, situado a 1 Km da meta.

CARREIRA CATEGORÍAS MENORES
Haberá unha proba non competitiva para rapaces nados despois do ano 2021.
A distancia será aproximadamente de 50 metros e non haberá clasificacións.
Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
Será necesaria a inscrición previa no mesmo prazo que o resto de categorías menores.

CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría A - nad@s entre 2017 e 2019.
Categoría B - nad@s entre 2015 e 2016.
Categoría C - nad@s entre 2012 e 2014.
Categoría D - nad@s entre 2009 e 2011.

INSCRICIÓNS
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o martes 21 de maio ás 23:59 horas.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Club (no caso de telo)
-Localidade

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDO:
Categoría MINI: 11:00h - 50m.
Categoría A: 11:05h - 400m.
Categoría B e C: 11:10h - 800m.
Categoría D 11:20h - 1100m.

ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (26 de maio) na carpa da organización sita na explanada diante do centro sociocultural de 09:30 a 10:30.

PREMIOS:
Trofeo para @s tres primeir@s de cada categoría.
Avituallamento final para todos os que rematen a proba.



Información actualizada a 16/5/2024.