Calendario
Info da proba

Sarria

09/03/2024 18:00 - 19:00
Regulamento VII CARREIRA DE SARRIA VIVAS E IGUAIS
(5K E ANDAINA) 2024
ORGANIZA: Concello de Sarria.
COLABORA : Asociación Miño ULLA-GDR05.
1 – DATA E LUGAR:
Sábado 9 de marzo de 2024, ás 18:00 da tarde saída para corredores da 5K, e ás
18:05 para a Andaina.
2 – PERCORRIDOS :
A proba absoluta disputarase sobre un circuíto de asfalto e sendeiros de area ,
mesturando zona urbana con natureza cunha volta de 5Km con apenas desnivel.
A saída terá lugar no bulevar da rúa da Liberdade, á altura de Catro Camiños con
dirección Samos para despois xirar á dereita pola rúa Castelao e no cuartel da Garda
Civil seguir dirección Ponte das Aceas para volver pola zona do campo de fútbol ata a
carreteira de Monforte e alí de novo á rúa Castelao , pavillón baloncesto, piscina e
cruzando zona hotel Alfonso IX. A meta estará no Malecón do río debidamente
sinalizada.
3– CATEGORÍAS:
5K (18:00):
● Premios 1º, 2º E 3º de cada Categoría:Masculino e feminino
JUNIOR de 12 a 15 anos.
PROMESA de 16 a 19 anos.
SÉNIOR de 20 a 34 anos.
MASTER 1 de 35 a 44 anos.
MASTER 2 45 a 54 anos.
MASTER 3 de 55 a 64 anos.
MASTER 4 de 65 anos en diante.
● ABSOLUTO MASCULINO E ABSOLUTO FEMININO.
ANDAINA (18:10)
4 – INSCRICIÓN:
Abrirase un período de inscrición que rematará o xoves día 7 de marzo.
A inscrición realizarase en www.championchipnorte ou www.sarriacorre.com .
A cota de inscrición para as carreiras absolutas, tanto 5K coma andaina é de balde.
A inscrición da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e de
accidentes, así como facer uso de todos os servizos establecidos pola Organización
para os participantes.
Haberá camiseta técnica coa imaxe do evento para os 500 primeiros inscritos.
A carreira será cronometrada por Chip, o cal se deberá levar obrigatoriamente colocado
na zapatilla. Os propietarios de Chip ChampionChip, deben participar obrigatoriamente
con el. O alugueiro do Chip, para non propietarios, e que deberá devolverse ao finalizar
a proba, é de balde.
5 - ENTREGA DE DORSAIS:
O 9 de marzo ,no Malecón do río Sarria, de 16:00 a 17:30h.
6 – CRONOMETRAXE:
A Cronometraxe será electrónico e realizado por CCNORTE soamente na carreira 5K.
Todas as probas poderanse seguir en vivo na web oficial e na web www.resultados.live
7 - SERVIZOS AO ATLETA:
A organización disporá dunha carpa na zona de entrega de dorsais e camiseta
conmemorativa para os 500 primeiros inscritos, asi como avituallamento líquido ó
rematar as probas.
8 - NORMAS DE COMPETICIÓN:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. Non cumprir esta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación neste.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
9 - ASISTENCIA E PROTECCIÓN :
A proba contará con membros de Protección Civil e ambulancia .
10 – SEGUROS:
A organización dispoñerá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente para as
probas populares deste tipo. A organización non é responsable dos danos morais,
materiais ou económicos derivados da participación nesta proba.