Calendario
Info da proba

Santiago

06/04/2024 17:30 - 19:00
Regulamento 1.- Horarios
Hora Proba
17:00 h 2 km escolares
17:30 h 10 km homologados pola RFEA
19:30 h 5 km homologados pola RFEA
19:35 h Andaina popular de 5 km
20:30 h Entrega de premios (Praza do Obradoiro)
2.- Participantes e inscricións
Poderán participar un máximo de 5.000 deportistas coa seguinte distribución:
▪ 2000 atletas para unha proba de 10K.
▪ 1000 atletas para unha proba de 5K.
▪ 1000 atletas para unha proba de 2K.
▪ 1000 participantes nunha andaina para tódolos públicos.
Se nalgunha proba das anteriormente mencionadas non se completasen as prazas ofertadas,
procederase a aumentar ditas prazas noutra proba diferente.
3.- Cota e prezos de inscricións:
As inscricións realizaranse a través da plataforma de inscrición en liña inserida na páxina
web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.
Os prazos e cotas de inscrición serán os seguintes:
Proba de 10 K (adultos): GRATUITA
Proba de 5 K (adultos): GRATUITA
Proba de 2 K (escolares): GRATUITA
Andaina de 5 K: GRATUITA
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do de 26 febreiro ao 3 de abril de 2024.
Cada participante só se poderá inscribir nunha das probas ofertadas. Deberán indicar a talla
de camiseta (agasallo do participante) no momento da inscrición.
4.- Lugar de saída e meta das probas e data de celebración.
O 10K Deputación da Coruña celebrarase en Santiago de Compostela a tarde do 6 de abril
de 2024.
A saída de todas as probas será desde a rúa San Francisco. A meta estará ubicada na
Praza do Obradoiro.
5.- Categorías dos participantes:
Probas 10 K e 5K
Categoría Ano
Xuvenís / sub18 2007-2008
Xuniors / sub20 2005-2006
Promesas / sub23 2002-2004
Seniors 1990-2001
Máster 1 1984-1989
Máster 2 1974-1983
Máster 3 1964-1973
Máster 4 1963 e anteriores
Proba 2 K
Categoría Ano
Cadetes / sub16 2009-2010
Infantís / sub14 2011-2012
Alevín / sub12 2013-2014
Na andaina de 5k poderán participar todas as persoas que teñan nado no ano 2016 e
anteriores.
CAIXÓNS DE SAÍDA:
Nas probas de 10 k e 5 k estableceranse caixóns de saída por orde de marcas, para o cal
os/as participantes terán que facilitar a marca oficial na distancia no momento de realizar a súa
inscrición na web www.carreirasgalegas.com .
PECHE DE CONTROL:
A proba de 10 K pecharase 1 h e 15’ despois da saída da proba (18:15 horas). Todo/a participante
que transcorrido ese tempo non chegase a meta, quedará fora de carreira.
6.- Sistema de clasificación para premios
Outorgaranse só na proba de 10 km homologada os seguintes premios económicos por
clasificación:
Atletas masculinos/femininos clasificación xeral:
Posto Premio
1º/1ª 800 €
2º/2ª 600 €
3º/3ª 425 €
4º/4ª 300 €
5º/5ª 200 €
6º/6ª 150 €
7º/7ª 125 €
8º/8ª 100 €
Atletas galegos/as (premio non acumulable) (1):
Posto Premio
1º/1ª Galego/a 500 €
2º/2ª Galego/a 300 €
3º/3ª Galego/a 200 €
4º/4ª Galego/a 150 €
5º/5ª Galego/a 100 €
6º/6ª Galego/a 50 €
Premio por bater o récord da proba de 10 K masculino e feminino: 400 €
Récord masculino Récord feminino
30:07
(MOHAMED EL GHAZOUANY)
34:38
(CRISTINA RUIZ FERNANDEZ)
(1) Consideraranse atletas galegos/as ás persoas empadroadas ou que teñan nado nalgún concello de Galicia. Para poder recibiro premio,
as persoas premiadas deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento, ao
enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal. Só se poderá percibir o premio de maior contía, non sendo o mesmo
acumulable (por exemplo, se o/a primeiro/a galego/a obtén un premio da xeral maior, non correrá posto, é dicir, o segundo galego non
pasará a ser primeiro/a galego/a e sucesivamente …).
Os premios económicos serán aboados polo adxudicatario do contrato da organización,
coordinación, realización e control técnico da “II Proba 10000 peregrino (10K
Deputación da Coruña” .
Os premios económicos non son acumulativos, levarase só o de maior contía, e non se
correrá lista na premiación nestes casos .
7.- Trofeos
Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos das probas de 10
k e 5 k, e os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento.
Os 3 clubs federados e os 3 centros escolares que maior participación aporten á
proba de 2 K, recibirán trofeo e 1 vale para material deportivo por valor de 300, 200
e 100 euros respectivamente.
Deberán inscribirse coa mesma denominación na plataforma, e, no caso dos clubes
federados, deberán aportar o nome do club e a licencia federativa en vigor na
propia inscrición.
8.- Entrega de premios
A entrega de premios terá lugar a partir das 20:30 h na Praza do Obradoiro.
9.- Avituallamentos
Haberá servizo de avituallamento líquido aprox. no punto km 5 da proba de 10 k, e
avituallamento líquido e sólido na meta de todas as probas.
10.- Entrega de dorsais .-
A entrega de dorsais terá lugar nos seguintes prazos:
LUGAR: PROXIMAMENTE
➢ Horarios e días:
▪ 5 de abril de 16:00 a 20:30 horas
▪ 6 de abril de 10:00 a 20:30 horas
ENTREGARANSE DE XEITO EXCLUSIVO DORSAIS O DÍA DA PROBA DE
15:00 A 16:00 HORAS NA PRAZA DO OBRADOIRO
10.- Circuíto
As probas disputaranse sobre un circuíto de 10 km en ruta, e outro de 5 km en ruta,
ambos homologados pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán
ao ranking galego e nacional en ambas distancias. Os circuítos estará publicados de
xeito previo nas páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal.
Tamén haberá un percorrido de 2 km non homologado para as categorías escolares.
A saída de todas as probas será na Rúa San Francisco e a meta será na Praza do
Obradoiro.
OS PERCORRIDOS QUEDARÁN PECHADOS AO TRÁFICO RODADO A PARTIR DAS 16:30
HORAS
11.- Servizo de duchas e fisioterapia
Habilitaranse un servizo de duchas e vestiarios (comunicarase o lugar antes da
celebración da proba), e servizo de fisioterapia na zona de chegada das probas (praza do
Obradoiro).
12.- Outras consideracións regulamentarias
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta
da FGA e da RFEA en vigor.
A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a
total acep tación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.