Calendario
Info da proba

Caldas de Reis

21/04/2024 9:00 - 14:00
Regulamento TRAIL LAXE DOS BOLOS
O Concello de Caldas de Reis, desde a Concellería de Deportes, organiza a I edición do Trail
Laxe dos Bolos, o domingo 21 de abril de 2024 a partir das 9 horas, constando de dúas pobas
de carreira oficiais para o Ranking Galego e unha andaina non competitiva.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos
desputarase sobre 2 distancias trail (27 e 8 km aprox.), estando aberta a proba de 8 km a
categorías inferiores a partir de 14 anos cumpridos; tamén haberá una andaina de 8 km aprox..
A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas sairán desde o centro de Caldas de Reis.
- Proba longa, saída dende o Cruceiro do Campo da Torre:
https://maps.app.goo.gl/McY2DGnpeJ7BjNka8
- Proba curta, saída dende a praza da Biblioteca:
https://maps.app.goo.gl/FveBn6wVmbYAg4ETA
Artigo 2. Horarios e distancias.
O Trail Laxe dos Bolos terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
09:00 h
Desafío
Xiabre 27,5 km aprox 1520 m + aprox 2006 e anteriores ABSOLUTA 400
10:00 h
Trail de
Santa
María
8 km aprox 370 m + aprox. 2010 e anteriores
ABSOLUTA e
PROMOCIÓN 300
09:35 h Andaina de
Segade 8 km aprox 370 m + aprox. 2010 e anteriores ABSOLUTA 250
Tódolos deportistas das modalidades classic e preclassic deberán pasar por cámara de chamadas
ata 15 minutos antes da saída.
Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba sendo obrigatorio respectar os mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite
de prazas en cada modalidade de Trail e Andaina.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, percharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL LONGO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2006 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1989 e 1979
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1978 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL CURTO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2005 – 2006
SUB 18 2007 – 2008
SUB 16 2009 – 2010
SENIOR 2004 e anteriores
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
ANDAINA (NON COMPETITIVA): 2004 e anteriores.
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
Os participantes federados optarán á bonificación correspondente como proba G1 dentro
do ranking galego de Trail running nas seguintes modalidades:
Proba Longa, 27k: Ranking Classic Sub 23, Absoluto e Master
Proba Curta, 8k: Ranking Preclassic Sub 20, Sub18 e Sub 16.
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que
incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os
deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA:
A partir do 15 de marzo a organización fará públicos tódolos tracks e percorridos
para os participantes:
PROBA: DISTANCIA: DESNIVEL
POSITIVO; HORA SAÍDA TEMPO
MÁXIMO
DESAFÍO
XIABRE 27,7 K 1520 m. 09:00 h 5h
TRAIL SANTA
MARÍA 8 K 370 m. 10:00 h 2h
ANDAINA DE
SEGADE 8 K 370 m. 10:05 h 4h
6.1 A proba longa, de 27 quilómetros, presenta unha dificultade significativa no
tramo intermedio, entre os quilómetros 9 e 19 aproximadamente, realizándose a
través das “laxes” naturais que dan nome á proba, con desniveis entre o 45 e 60%. A
organización disporá dun dispositivo de seguridade e seguimento nesta zona.
6.2 A proba curta, de 8 quilómetros, compártena Trail e andaina, discorrendo por
paraxes naturais de Santa María e Segade, estando permitido o uso de bastóns só na
andaina para a mellor preservación da contorna natural.
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal .
APERTURA DE INSCRICIONS: venres 16 de frebreiro de 2024
PECHE DE INSCRICIONS: luns 15 de abril de 2024 ás 14:00 h.
PREZOS DA INSCRICION:
• TRAMO 1 – DO 16 DE FEBREIRO Ó 5 DE ABRIL:
✓ TRAIL CURTO: 7 €
✓ TRAIL LONGO: 16 €
✓ ANDAINA: 7 €
o TRAMO 2 – DO 6 Ó 15 DE ABRIL:
✓ TRAIL CURTO: 8 €
✓ TRAIL LONGO: 20 €
✓ ANDAINA: 8 €
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 20 de abril: de 17:00 a 20:00 horas nas instalacións habilitadas pola
Concellería de Deportes
• Domingo 21 de abril:a partir das 08:00 horas e ate 15 minutos antes do comenzo de cada
proba no lugar de saída.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
▪ Premios orixinal de Caldas de Reis aos/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos das
probas de Trail Curto e Trail Longo.
▪ AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de
competición antes da saída das probas).
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas aproximadamente na
praza de disposición de meta, nas inmediacións da praza do Camiño Portugués:
https://maps.app.goo.gl/PSQRGnAsjsosiY5o6
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios nas instalacións
deportivas habilitadas polo Concello de Caldas nas inmediacións do lugar de saída da proba
curta.
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Haberá 2 puntos de abastecemento no Trails Longo, e na meta das tres modalidades. Será
responsabilidade do deportista portar sistema de hidratación para facer uso dos mesmos.
▪ Abastecemento 1 (cima Xiabre): km 9 aprox. (líquido e sólido);
▪ Abastecemento 2 (cima Xiabre2): km 19 aprox. (líquido e sólido);
o Abastecemento auxiliar (por temperatura alta): km 15 aprox. (líquido)
▪ Avituallamento META (todas as probas): (líquido e sólido).
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará
permitida
As zonas de abastecemento estarán acotadas en inicio e fin. Non estará permitido
abandonar o abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo, incluídas as
posibles ‘codias’ de froita como poden ser mondas de plátano ou laranxa.
ARTIGO 12.- MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descalificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais da circular
105-2023 da Federación Galega de Atletismo. O seguinte material afectará ás modalidades
Trail classic e preclassic, sendo igualmente recomendable no resto de disciplinas do evento.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Chifre
Teléfono móvil (operativo)
Sistema de hidratación (só Trail classic)
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Curtaventos ou chaqueta impermeable
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material
obrigatorio definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da
meteoroloxía prevista.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Concello de Caldas de Reis publicará a información de accesos para tódolos participantes
facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de paso intermedias.
Tamén se facilitará a información de transporte público.
A proba contará con retransmisión en video, accesible desde as distintas plataformas
habilitadas ó seu efecto.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumplir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Trail Laxe dos Bolos garantiza un
uso responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta
distribución de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.