Calendario
Info da proba

Ons

28/04/2024 11:30 - 14:00
Regulamento VIII VOLTA A ILLA DE ONS
✓ Existirán catro postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 3 líquido
2) Km 6 líquido
3) Km 8 líquido- sólido
4) Km 10 líquido
5) 16 líquido-sólido
✓ A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante Chip (só no caso
da carreira).
✓ Asistencia médica: Os servizos sanitarios estarán instalados na zona de Saída/Meta
✓ Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que estar
fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición física,
psíquica e deportiva.
✓ Existen duchas a 100 metros da meta.
✓ Categorías Carreira.
CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
SENIOR 18 a 39
VETERÁN A 40 A 49
VETERÁN B 50 N DIANTE
NORMATIVA PARA A CARREIRA/ANDAINA.
✓ Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
✓ Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo
que estime a Organización.
✓ Disporase de servizo de duchas e garda roupa.
✓ Estará totalmente prohibido correr durante a andaina.
✓ Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento,
non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible (só no caso da carreira) ou desatenda as indicacións da organización.
✓ A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
✓ Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
✓ A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxectos de cada
participante.
✓ Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro
patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que
puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
✓ A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto o medio ambiente, a
fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
✓ Todos os participantes deben cumprir en todo caso as condicións xerais nas illas co fin de
asegurar a conservación dos seus ecosistemas naturais, estas condicións pódense consultar
na web http://www.iatlanticas.es/ no apartado de condicións.
✓ Todos os participantes deberán firmar e entregar un documento de bo uso e desfrute do
parque nacional en caso de ser requirido polas administracións .(Este documento farase
chegar a través do e-mail subministrado no momento da inscrición)
INSCRICIÓNS.
✓ Carreira: As inscricións faranse na web www.ccnorte.com cun costo de 30 € por
participante están limitadas a 275 participantes e inclúen o dorsal, billete ida e volta, froita,
bebida, camiseta conmemorativa e outros agasallos.
✓ Andaina: As inscricións faranse na web www.ccnorte.com cun costo de 23 € por
participante están limitadas a 100 participantes e inclúen, billete ida e volta e regalo
conmemorativo.
✓ Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o domingo 21 de Abril.
✓ Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
✓ Tamén se poderán mercar os billetes para os acompañantes na web www.ccnorte.com a
un custo de 11 € (5 anos ou menos gratis pero deben mercar igualmente a coste 0 € os
billetes) na mesma web ata o domingo 21 de abril e na entrega de dorsais ata o día da proba.
✓ A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non puidera
participar, o custo do billete non se devolverá en ningún caso.
✓ A organización devolverá a inscrición íntegra so no caso de que se suspenda a proba por
cuestións meteorolóxicas que impidan a celebración da mesma.
✓ A organización non se fai responsable en ningún caso dos gastos externos de cada
participante no caso de que se cancele a proba.
HORARIOS DOS BARCOS
✓ O prezo do billete será de 11 € por persoa, este prezo reducido so será aplicable para
os barcos que saian dende o peirao de Bueu da compañía NABIA o fin de semana da
carreira. Se o tempo e a navieira o permite, habilitarase unha opción para coller o barco o
venres e o sábado.
✓ Os horarios de saída dos barcos será a partir das 08:15h o domingo e van saíndo segundo
se vaian enchendo. Os horarios da volta serán a partir das 17:00. Disporanse os barcos
necesarios en cada horario para poder levar e traer a todos os participantes. Estes horarios
non podemos cambialos xa que son impostos polos organismos.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
✓ Os dorsais e o Chip de cronometraxe entregaranse o día da proba no local de protección
civil situado no peirao de Bueu, dende as 08:00h ata as 8:40h.
✓ O venres e o sábado pola mañá, en caso de haber barco, entregáranse dorsais unha hora
antes da saída (avisarase a semana anterior o horario dos barcos de todo o fin de semana).
O sábado pola tarde o horario será de 17 a 20.
Localización local protección civil:
https://www.google.es/maps/place/42%C2%B019'42.0%22N+8%C2%B047'14.0%22W/@4
2.328334,-8.787215,211m/data=!3m2!1e3!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0x0?hl=es
✓ Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o Chip que facilita a organización e
rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
✓ A clasificación xeral oficial publicarase nas web do club e na web da empresa de
cronometraxe.
CRONOGRAMA
Día Actividade
Domingo
28 de abril do 2024
● 08:00 a 08:45 entrega dorsais peirao de
Bueu
● 08:15 saída barcos
● 11:30 saída carreira
● 11:45 saída andaina
● 14:00 peche carreira
Sábado
27 de abril do 2024
● (Horario pendente confirmar) entrega dorsais peirao
de Bueu
● 17:00 – 20:00 entrega dorsais peirao de
Bueu
Venres
26 de abril do 2024
● (Horario pendente confirmar) entrega dorsais peirao
de Bueu
PERCORRIDO
Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/carreira-illa-de-ons-18-05-2014-9332634
Track en varios formatos:
https://drive.google.com/drive/folders/0B7F641BiTFeXfnFjZ1dTTnl6bjVWc3JGendXQm
9PLWJycV9vbVlHZ2FMTy1tMlRDYTlHckU?resourcekey=0-
aEtay6Nto0NCI1PlgCsTZA&usp=sharing
ENTREGA DE PREMIOS.
✓ Levarase a cabo na contorna da igrexa, ao carón da liña de saída e haberá trofeos para os
tres primeiros clasificados nas categorías Senior, Veterán “A” e Veterán “B” tanto en
categoría masculina como feminina da xeral. Os premios no son acumulativos.
✓ A andaina non é competitiva.