Calendario
Info da proba

A Estrada

22/06/2024 23:00 - 24:15
Regulamento REGULAMENTO XI ESTRANOITE 2024
O Concello da Estrada, en colaboración co Atletismo A Estrada, organizan o sábado
día 22 de Xuño de 2024 a carreira popular XI ESTRANOITE.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas
patronais de San Paio 2024 nun circuíto urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta
terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes dúas voltas o mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos
pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A
organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de
Xuíces da FGA.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes
categorías:
 PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2020 e posteriores.*
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2017, 2018 e 2019.*
 BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2015 e 2016.
 ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2013 e 2014.
 INFANTIL/SUB 14 Atletas nados/as nos anos 2011 e 2012.
 CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
 XUVENIL/SUB 18: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 JUNIOR/SUB 20: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 PROMESA/SUB 23 Atletas nados/as nos anos 2002, 2003 e 2004.
 SENIOR: Atletas nados/as dende 1989 ata 2001.
 MASTER A: Atletas nados/as dende 1978 ata 1988.
 MASTER B: Atletas nados/as dende 1977 e anteriores.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas, polo cal non haberá
clasificacións.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
21:00 h PITUFOS 80 m
21:10 h PREBENXAMÍN 200 m
21:20 h BENXAMÍN/SUB 10 400 m (1 volta circuíto A)
21:45 h ALEVÍN/SUB 12 800 m (2 volta circuíto A)
22:00 h INFANTIL/SUB 14 900 m (1 volta circuíto Ojo morado
22:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES
22:45 h CADETE/SUB 16 1.300 m (1 volta A+1 volta Ojo morado
23:00 h XUVENIL/SUB 18, JUNIOR/SUB 20
PROMESA/SUB 23,SENIOR E MASTER
8.000 m (2 voltas circuíto C)
0:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata máster) Ata o mércores día 19 de Xuño de 2024 de
2024 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha
vez dentro da páxina, seguir as instrucións para formalizar as inscricións que se
desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o mércores día 19 de Xuño de 2024 as
23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar
os datos da inscrición requiridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se
aceptarán inscricións con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios presentes
no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 600 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os
teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes@aestrada. gal
O PREZO da inscrición será o seguinte:
 ADULTOS (xuvenil e superiores): 8,00 €
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nun local habilitado para á organización da carreira, a
partir das 19:00 horas na zona de saída/meta (Sala Abanca), que será o punto de control
da proba.
* CONTROL CON CHIP: Na proba absoluta (23:00 horas) os participantes estarán
controlados a través dun chip que se entregará a cada
participante xunto co dorsal. Os dorsais e o chip outorgados pola organización son
persoais e intransferibles.O dorsal deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda
a súa extensión e de xeito visible e sen dobreces.
Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil,
junior, promesa, senior, máster A e máster B; tanto masculina como feminina. Na proba
4K e 8K so haberá clasificación absoluta masculina e absoluta feminina. Establécese a
clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descualificado.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as
establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a
criterio dos xuíces da FGA que farán a supervisión técnica da proba. Todas as
reclamacións deberán ser dirixidas a organización da proba que as valorará cos xuíces da
FGA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da
que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
 Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
 Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto nas
categorías pitufo e prebenxamín, que non haberá trofeos e si medalla para todos
os participantes.
 Trofeo na proba 4K os tres primeiros/as clasificados/as.
 Trofeo na proba 8K os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na
proba absoluta.
 Os gañadores da carreira absoluta na categoría masculina e feminina levarán unha
caixa degustación con botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
 Trofeo o club/equipo aquel que obteña a menor puntuación cos seus 6 primeiros
participantes que finalicen a proba absoluta (8K), independentemente do sexo e
segundo a clasificación xeral. Os clubs/equipos non teñen porque ser oficiais e/ou
federados, poden ser grupos de amigos/as que formalicen a inscrición baixo o
nome dun equipo.
 Trofeo Máster, ao participante de maior idade que finalice a proba, indistintamente
sexa home ou muller.
 So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a
súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
 Os premios non son acumulativos.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da
súa proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro,
sito na zona deportiva.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización da XI Estranoite non se fai responsable de perdas ou danos materiais
que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta
carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira