Calendario
Info da proba

Celanova

20/04/2024 16:30 - 21:30
Regulamento Regulamento VIII Trail e andaina de Celanova
1.- Organización
O Concello de Celanova en colaboración co clube Pato Blanco, organiza o próximo 20 de Abril de 2024 o VIII
Trail e andaina de Celanova.
2.- A proba
O “VIII Trail e andaina de Celanova” é un evento deportivo que se levará a cabo no Concello de Celanova o
sábado 20 de Abril, do ano 2024. Este evento deportivo consiste nunha carreira de Trail en dúas modalidades:
 Carreira larga de Trail, duns 27,50 km e +1.000 metros de desnivel positivo aproximadamente .
 Carreira curta de Trail sobre unha distancia de 17,50 km e +500 metros de desnivel positivo.
Paralelamente haberá unha ANDAINA con unha distancia de 13,50 km.
TRAIL:
 TRAIL LONGO: Distancia 27,50 km. aproximadamente con +1.000 metros de desnivel positivo con un
grado de dificultade MEDIA-ALTA. Hora de saída 16:30
 TRAIL CURTO: Distancia 17,50 km. Aproximadamente con + 500 metros de desnivel positivo con un
grado de dificultade MEDIA. Hora de saída 16:30
ANDAINA : 13,5 km accesible. Hora de saída 16:45
3.- Regulamento
A inscripción na proba implica a total aceptación de este regulamento. O presente regulamento será de
estricto cumplimento para tódolos participantes do VIII Trail e andaina de Celanova.
4.- Participación
Os participantes deberán respectar o medio no que se desenvolve a proba e manter limpo o entorno da
mesma. Para elo deberán comer e beber sen deixar ningún envase no percorrido da proba.
Debe basarse no concepto de autosuficiencia, significando que os atletas deben ser autónomos entre as
estacións de axuda (avituallamentos), en términos de equipamento, comunicación, comida e bebida. Non se
van entregar nen vasos, nen botellas de auga, sendo recomendable que cada atleta vaia provisto do seu propio
sistema de hidratación ( mochila, botella deportiva, vaso deportivo, etc.), sendo tamén recomendable levar
un teléfono móvil con batería suficiente en previsión de calquera caída ou accidente.
En caso de previsión de mal tempo ou eventos atmosféricos extraordinarios que pudieran poñer en risco os
atletas a organización reservase o dereito a modificar os trazados, exigir alguna prenda técnica ou incluso un
frontal de luz, e no peor dos casos, incluso suspender a proba.
A idade mínima para participar en ambas probas é de 18 anos, cumpridos ata o día da proba. Cada atleta debe
ser consciente da que a súa condición física sexa a adecuada con respecto as características da proba,
absténdose de participar ante calquera motivo, doenza, enfermidade ou outra condición que poidera poñer
en perigro a súa condición física ou lle impidera finalizar a proba. É recomendable que todolos participantes
realicen un examen médico deportivo que probe a súa capacidade para o desenvolvemento de este tipo de
actividade física.
A organización poderá retirar da proba a todo participante, que a xuicio das persoas que se encarguen da
vixilancia e control da mesma, non se atopen en condicions físicas axeitadas para continuar.
O corredor do Trail de Celanova deberá levar o dorsal facilitado pola organización en todo momento en un
lugar visible.
Está prohibido ir acompañado de outras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
5.-A Carreira
O percorrido da carreira estará sinalizado con postes de madeira, estacas e cintas de alta visibilidade, sendo
obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos. Estará sinalizado o recorrido cada 50 ou 100 metros,
salvo as zonas onde o sendeiro ou camino non teña ningún desvío (para non contaminar o entorno), onde
poderá aumentar a 200 mts. En todo caso en cada cruce haberá estacas ou cintas de sinalización.
O percorrido non estará pechado ao tráfico na súa totalidade, polo que os deportistas deberán extremar as
precaucións e respectar o código de circulación vial.
Durante o transcurso da proba, os participantes deberán FACER CASO AOS MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da
proba en todo momento. O non cumprimento de este punto, implicará a descalificación inmediata.
A proba do Trail estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chips de 321Go. Os
participantes deberán portar o dorsal con chip incorporado durante todo o percorrido, xa que en caso
contrario, as lecturas dos tempos non se realizan.
No percorrido haberá un ou dous puntos de control de paso de atletas obligatorio.
Haberá un tempo de corte de paso, quedando descalificado todo aquel participante no Trail, que entre as
19:45-20:00 horas non teña pasado polo último avituallamento situado na localidade de Gontán, km.18 aprox,
sendo retirados e trasladados pola organización ata meta. O citado tempo de corte pode ser modificado pola
organización previo aviso aos atletas ao inicio da proba e en función das condicións climatoloxicas ou de
necesidade loxística.
A organización contará para a seguridade e o bo funcionamento da proba cos servicios de ambulancia, médico,
comunicación e protección civil. Así como un seguro de accidentes e RC que cubre todolos participantes na
proba.
6. Inscricións
As inscricións son persoais e intransferibles, queda prohibido ceder dorsales a outra persona. O inscribirse,
cada atleta acepta plenamente o regulamento.
A inscrición a VII Trail e andaina de Celanova iniciarase o Vernes 8 de marzo de 2024 e poderán realizarse:
On Line a través da páxina web de 321Go
De maneira presencial :
 Deportes e Armería Núñez Enriquez en Celanova | tlf. 988 432020
 Deportes Punguinsport | tlf 988 431233
 Tienda RUN MANIAK en Ourense | tlf 988 613503
DATA LÍMIETE DE INSCRICIÓNS, LUNS 15 de abril, as 22:00. Os presos das inscricións serán:
 Trail Longo individual: 22 €
 Trail curto: 17 €
 Andaina: 15 €
A inscrición á proba incluie:
Dereito de participación.
Seguro de accidentes e RC.
Prenda ou obsequio de participación.
Servizo médico e de ambulancia.
Avituallamento nos puntos habilitados e na meta.
7.- Avituallamentos
A organización porá a disposición de tódolos participantes avituallamentos repartidos durante o recorrido,
onde poderan surtirse de auga, isotónico, fruta....
TRAIL LONGO : 3 avituallamentos líquidos e sólidos ( km.7, km.12 e km.18)
TRAIL CURTO E ANDAINA: 1 avituallamento ( km.7) ( líquido e sólido)
ANDAINA : 1 avituallamento (km.3) ( líquido e sólido)
Poderanse habilitar algún punto de hidratacion a maiores en función das condicións meterolóxicas.
8.- Dereitos de imaxen
Os/as participantes aceptan e dan o seu consentimento á organización para que poida utilizar as imaxes,
videos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, dende a recollida
de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen nengún
limite temporal para utilizalos, e nunca para o perxuicio das persoas.
9.- Categorías e premios
TRAIL INDIVIDUAL:
 Absoluto (masculino e feminino): Trofeo 1º 2º e 3º clasificad@s
 Senior (masculino e feminino) 1985-2006: Trofeo 1º 2º e 3º clasificad@s
 Veteranos A (masculino e feminino) 1975-1984: Trofeo 1º 2º e 3º clasificad@s
 Veteranos B (masculino e feminino) 1974 -: Trofeo 1º 2º e 3º clasificad@s
 Establécese a categoría especial “empadroados na Mancomunidade de Celanova”. PREMIOS LOCAIS,
empadroados na Mancomunidade de Celanova.
 Clasificación por equipos ( só Trail Longo): trofeo aos 3 primeiros equipos clasificados.
 Ademáis premio ao participante masculino e feminino de maior idade que remate o trail.
 Premio ao equipo con maior participación.
Os premios non son acumulativos, e en caso de ter premio como local e como absoluto, terán preferencia
para a adxudicación o absoluto.
EQUIPOS
No Trail Longo poderase participar tamén por equipos. Estos estarán compostos por un mínimo de 4
compoñentes, sendo alomenos un de diferente sexo. Serán considerados como equipos a efectos da proba,
aqueles que se inscriban como tales específicamente para sua participación no Trail de Celanova, mais alá de
que sexan ou non nos que estén federados. No momento da inscrición en 321Go deberase sinalar o equipo co
que se vai a participar. O tempo final será a suma dos catro mellores tempos, sendo polo menos un de eles de
diferente sexo.
Nas incricións por equipo deberán facerse constar exactamente o mesmo nome en cada parƟcipante ou
integrante do mesmo.
10.- Outras normas
Poderá ser descalificado o atleta que incumpla alguna das seguintes normas:
- Incumprir o presente regulamento.
- Non pasar polo control de saída ou intermedios.
- Deixar lixo no camiño ou non respectar o medioambiente.
- Non completar o percorrido completo.
- Negarse a presentar o dorsal.
- Perder ou cambiar o dorsal.
- Ignorar as indicacións da organización.
- Presentar algunha conducta antideportiva.
- Negarse a socorrer a outro participante en dificultades obvias ou que poidan suponer un peligro para a súa
integridade física e moral.
- Sobrepasar o tempo de corte no avituallamento.
- A organización non se fará responsable de ningunha lesión que non teña que ver ca proba.
- Os participantes exonerarán a organización de toda responsabilidad en caso de accidente ou lesión
ocasionada por imprudencias dos propios participantes, ou como consecuencia de realizar o percorrido tanto
do trail como da andaina.
Por último, calquer atleta que por iniciativa propia decida retirarse da proba, deberá informar a organización
o antes posible, para evitar que os servicios de asistencia centren a sua atención nun atleta supostamente
desaparecido e descuidando así o apoio ao resto dos atletas da proba.
Celanova a 6 de marzo de 2024