Calendario
Info da proba

A Pobra do Caramiñal

26/05/2024 10:30 - 24:30
Regulamento Trail de San Isidro, A Pobra do Caramiñal
Trail Series 2024

Data: domingo, 26 de maio de 2024.
Hora: 10:30 h.
Tempos de corte:
21 km: tempo máximo 3 h.
14 km: tempo máximo 2:30 h.
Distancia: San Isidro de Posmarcos - 21 km - 14 km
Deniveis+: 1600 m+ ou 800 m+
Web: Trail Series - San Isidro
Inscricións: Galitiming
Prezo: 20 € ou 15 € (Andaina 7 €)

MODALIDADES DE INSCRIPCIÓN
TRAIL DE SAN ISIDRO (POBRA DO CARAMIÑAL) - PERCORRIDO LONGO - 26/05/202: 20,00 €
TRAIL DE SAN ISIDRO (POBRA DO CARAMIÑAL) - PERCORRIDO CURTO - 26/05/20: 15,00 €
ANDAINA DE SAN ISIDRO (POBRA DO CARAMIÑAL ) - 26/05/2024: 7,00 €

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Avituallamentos: 3 na distancia longa - 2 na distancia curta (incluindo o de meta)
Duchas: Campo de Futbol de Cadreche

REGULAMENTO TRAIL SERIES 2024
Tod@s aquel@s inscrit@s para participar no circuíto Trail Series 2024, coma en calquera proba individual que o conforma, sométense ao seguinte regulamento:

PERCORRIDO:
✓ O percorrido desenvolverase sobre un circuíto con piso de terra debidamente sinalizado.
✓ A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
✓ A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todos os participantes sen dorsal.
✓ Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
✓ tempo máximo para completar cada proba figura nas características técnicas da mesma. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

PREZOS:
✓ O importe por anotarse para todo o circuíto é de 40 € por persoa para participar nas probas curtas, e 55 € por persoa para participar en todas as probas longas.
✓ O importe de cada carreira anotándose independentemente para cada unha delas é de de 15 € para as distancias curtas, e de 20 € para as distancias longas.
✓ Cada participante terá un chip e un dorsal que se lle entregará o día da proba, o chip debe ser devolto unha vez finalizada a carreira. Non devolvelo implicará o abono de 10 € en concepto de penalización.
✓ Aquel@s que se anoten para o circuíto terán dereito a obsequio conmemorativo do circuíto que se entregará na primeira proba.
✓ Pódese modificar a inscrición e cambiar de distancia ata 7 días antes de cada unha das probas, abonando ou reintegrando a diferencia de 5 €, según corresponda.
✓ Todos aqueles equipos que se inscriban antes do 1 de xaneiro de 2023 por cada 10 membros inscritos terán a posibilidade de inscribir a un membro máis de xeito gratuíto.

INSCRICIÓNS:
Para o circuíto, o prazo de inscrición ábrese o día 19 de novembro de 2023 e péchase o Luns 22 de Xaneiro de 2024 ás 09:00 h.
Para formalizar a inscrición proba a proba os prazos quedan como sigue:
• Trail da Ponte: apertura o 19/11/2023 - peche 22/01/2024 ás 23:59 h.
• Trail de Outes: apertura o 19/11/2023 - peche 11/3/2024 ás 23:59 h.
• Trail de San Isidro: apertura o 19/11/2023 - peche 20/5/2024 as 23:59 h.

✓ As inscricións realizaranse a través de www.galitiming.es nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
✓ A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes, avituallamentos intermedio e final, servizo de ducha, asistencia sanitaria en carreira, trofeos, e a participar nos sorteos dos produtos dos patrocinadores.
✓ A non participación, retirada ou descualificación da proba non implica a devolución do importe.
✓ A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
✓ A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sen reservas (recoméndase a súa lectura).
✓ Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche do prazo de peche.
✓ Se unha vez inscrit@ no circuíto, decides non participar e sempre que o comuniques 24 horas antes do peche das inscricións (do circuito) devolveráseche integramente o importe da inscrición.

CATEGORÍAS:
Establécense dúas categorías en función do ano de nacemento (non se ten en conta o día nin o mes, só o ano):
• Sacho
o Homes nacidos entre 1979-2006 (45-18 anos)
o Mulleres nacidas entre 1984-2006 (40-18 anos)

• Fousa
o Homes nacidos no 1978 ou antes (>=46 anos)
o Mulleres nacidas no 1983 ou antes (>=41 anos)

PREMIOS POR CARREIRA:
Recibirán trofeo (non son acumulativos):
• @s tres primeiros da xeral individual
• @s tres primeir@s da categoría Sacho
• @s tres primeir@s da categoría Fousa
• Os dous primeiros equipos
• Trofeo especial "Peneira" a aquel corredor/a que amose unha conduta deportiva merecedora da distinción (este trofeo ten a condición de acumulativo con calqueroutro).

✓ A entrega de trofeos realizarase 5 minutos despois do peche da carreira (ver a ficha técnica de cada proba) nun espazo habilitado preto da liña de meta.
✓ Se un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo con posterioridade.
✓ Se a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

PREMIOS DO CIRCUITO:
Recibirán trofeo por distancia (curta ou longa):
• @s tres primeir@s da clasificación xeral
• Os dous primeiros equipos equipos da clasificación xeral
• Primeir@ de cada unha das categorías: Sacho e Fousa (estes trofeos NON serán acumulativos)

CLASIFICACIÓNS:
Para cada proba elaborarase unha clasificación xeral por tempo de entrada en meta, desagregada en cada unha das categorías, para o circuíto Trail Series 2024 establécese un sistema de clasificación como se detalla a continuación:

CLASIFICACIÓN MASCULINA E FEMININA:
✓ A clasificación terá un sistema de suma de tempos acadados nas dintintas probas en orde crecente, sendo @ primeir@ clasificad@ @ que menos tempo acade. No caso de empate, terase en conta a mellor posición de entrada en meta.
✓ No caso de abandono ou non participación nunha das probas ou de entrada na meta fora do tempo máximo designado na ficha técnica de cada unha delas, computarase o tempo d@ derradeir@ participante en entrar na meta +30 segundos.

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS:
✓ Establécese un sistema de puntuación crecente que determinará a clasificación (@s primeir@s serán @s que menos puntos acumulen)
✓ @s participantes acadarán tantos puntos coma a súa orde de entrada en meta (por exemplo: @ 3º levará 3 pts, @ 9º levará 9 pts, etc)
✓ Sumarán puntos para o equipo @s catro primeiros membros en cruzar a meta tendo que ser cando menos un deles unha MULLER
✓ Para puntuar coma equipo é preciso ter 4 membros na distancia pola que queiran competir (Podes ter un equipo que compita nunha distancia, e outro na outra; ou dous equipos na mesma distancia).
✓ A suma dos puntos acadados determinará a posición do equipo na clasificación.
✓ No caso de empate a puntos, tomarase como referencia para a clasificación a suma dos tempos dos integrantes dos equipos.
✓ Non se permiten cambios de equipo e distancia unha vez pechado o plazo de inscrición do circuito.
✓ Un mesmo club pode inscribir tantos equipos como queira, sempre que teñan un mínimo de 4 integrantes e os inscriba ca variación do nome do equipo correspondente (por exemplo: NomedeClube A, NomedeClube B, etc)
Despois de cada proba publicaranse nesta web as clasificacións detalladas, tanto por cada carreira coma do Trail Series 2024

PARTICIPANTES:
✓ Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
✓ Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante se consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a todos aqueles que corran sin dorsal.
✓ Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respectar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
✓ Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
o Finamento por accidente: 10.000 €
o Invalidez por accidente: 12.000 €
o Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
✓ Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a él ou a terceiros.
✓ Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servizos de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
✓ Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
✓ Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
✓ A idade mínima é de 18 anos. Calquera membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
✓ A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispoñerá de tempos intermedios.
✓ Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
✓ Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
✓ Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
✓ En todas as probas haberá avituallamento intermedio líquido (ver ficha de cada carreira).
✓ Nos avituallamentos intermedios non se dispondrá de recipientes para líquido (cada participante deberá levar o seu recipiente).
✓ Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
✓ A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles suporá a descualificación do participante.
✓ Facilitarase acceso a duchas e aseos ao remate de cada proba.

MATERIAL:
✓ É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
✓ É recomendable levar un teléfono móbil con batería e saldo para estar en contacto coa organización se fose preciso.
✓ É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquera corredor que non cumpra esta recomendación.
✓ A tódos/as os/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descualificado o corredor que chegue sen dorsal.
✓ Facilitarase un chip a todos/as os/as participantes que deberá situar no calzado ou no nocello para a súa correcta lectura nos puntos de control, se o corredor non devolve o chip ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa provedora.
✓ A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
✓ Recoméndase atender á información ao corredor que se remitirá uns días antes da proba, por si se incorporase algún material obrigatorio ou recomendado a maiores en función das condicións climáticas.

RETIRADA DE DORSAIS:
✓ O mesmo día da proba no lugar de saída, dende 1 h. antes da hora de saida, e ata 15 min antes da saída de cada unha das carreiras.
✓ Se a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
✓ Recoméndase seguir as instrucións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
✓ É imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (que se entregará no momento da retirada do dorsal) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.

DESCALIFICACIÓNS:
✓ Se o participante amosara unha conduta antideportiva.
✓ Se o participante retira sinais da carreira.
✓ Se o participante non remata o percorrido.
✓ Se o participante non atende as indicacións da organización.
✓ Se o participante non porta o material obrigatorio.
✓ Se o participante atenta contra o medioambiente.
✓ Se o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
✓ Se o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar doutros participantes.
✓ Se o participante pon en risco a súa integridade ou a doutros participantes cunha conduta manifestamente temeraria.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
✓ Calquera outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
✓ A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
✓ Calquera tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
✓ Arousa NeO non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
✓ O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.



Información actualizada a 20/5/2024.