Calendario
Info da proba

Santiago - ACEM

09/06/2024 11:45 - 12:45
Regulamento VII Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple, Santiago de Compostela

Data: domingo, 2 de xuño de 2024.
Distancia e horarios:
- Peques: 50 m - 12:15 h.
- Escolares A: 500 m - 11:00 h.
- Escolares B: 2,5 km - 11:15 h.
- Escolares C: 2,5 km - 11:30 h.
- Absoluta (Sub23-Senior-Veteran@s1 e 2): 4.5 km - 11:45 h.
- ANDAINA: 2 km - despois da entrega de premios (12.45h aproximadamente).
Inscricións: en Carreiras Galegas ata o mércores, 5 de xuño de 2024, ás 23:59 h.

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

REGULAMENTO XERAL
Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras (A.C.E.M.), organiza a “VII Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 9 de xuño de 2024, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.

Art.2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo da Federación Galega de Atletismo.

Art.3) CATEGORÍAS
Masculina e Feminina:
- Peques: ano nacemento (2018 - actualidade)
- Escolares A: ano nacemento (2015-2017)
- Escolares B: ano nacemento (2012-2014)
- Escolares C: ano nacemento (2011 ata os 16 anos)
- Absoluta:
- Sub 23: 17-23 anos
- Senior: 24-34 anos
- Veteran@s 21: 35-44 anos
- Veteran@s 2: dende os 45 anos
- ANDAINA: todas as idades

Art.4) DISTANCIAS E HORARIOS
- Peques: 50 metros. Saída: 12:15
- Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
- Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
- Escolares C:2, 5 km. Saída: 11:30
- Absoluta (Sub23-Senior- Veteran@s1 e 2): 4.5 km. Saída: 11:45
- ANDAINA: 2 km. Saída: despois da entrega de premios (12.45h aprox.)

Art.5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.



Art. 6) INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 6 euros. A carreira será de balde para as categorías peques e escolares.

A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cota, que poderá realizarse nas formas seguintes:
- Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras, sita na rúa Queixume dos Pinos 4, (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

- A través da web https://www.carreirasgalegas.com/

O prazo de inscrición rematará o mércores 5 de xuño ás 23:59hrs. tanto para as inscricións presenciais en A.C.E.M como para as online (https://www.carreirasgalegas.com)
Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.

Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS (datas, lugares e horas)
A retirada de dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras ACEM (R/Queixume dos pinos, 4 15705 Santiago) o venres 7 de xuño de 11 a 18h. e o sábado 8 de xuño de 11 a 14h e de 16 a 20h.

2) O mesmo día da carreira no lugar de saída (Estanque da Residencia), dende as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.

Art. 8 ) PREMIOS
Individuais:
Aos/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina como feminina (agás na categoría Peques, que recibirán todos un agasallo).
No caso de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a organización resérvase o dereito de unila a outra.
Haberá un gañador absoluto e unha gañadora absoluta da Carreira, que corresponderán á mellor marca de tempo.

Grupos:
Premios por Clube: Premio ós tres primeiros clubes absolutos. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do club na súa inscrición individual.

Art. 9) DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data de nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), teléfono. Rexeitarase calquera inscrición á que lle falte algún dos datos sinalados.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descalificados.

Art. 10) CLASIFICACIÓN
A clasificación será absoluta, por categorías (agás Peques).

Art. 11) CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través de dous chips desechables que se entregará a cada corredor/a, que levará no dorsal. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co seu dorsal, ben visible, colocado por diante ou que incumpra as normas establecidas, será descalificado.

A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

O control da chegada pechará 50 minutos despois de que entre en meta o primeiro corredor da categoría absoluta.

Art. 12) VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Debido ás características da proba, permitiranse as cadeiras de rodas con ou sen motor.

Art. 13) RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais, deberán formularse verbalmente na zona de meta non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 14) SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e escoba.
Contarase con duchas (pavillón do Colexio Pío XII) e garda-roupa.
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
A proba conta tamén cun seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes Deportivos para todos os participantes (carreiras-andaina).

Art.15) PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento para que a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras (A.C.E.M.) e a entidade Allianz, por si mesmos ou por terceiras entidades, traten coa finalidade exclusivamente aseguradora e deportiva, os seus datos de carácter persoal, de acordo coas opcións contidas na inscrición.

De acordo co que establece o Regulamento Europeo de Protección de Datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía
dos dereitos dixitais, o participante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, dereito ao esquecemento, limitación del tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD, a non ser obxecto de elaboración de perfís e dereito a revocar o consentimento prestado. Para exercitar os seus dereitos deberá solicitalo nas direccións indicadas na ficha de inscrición.

Asemade, informámoslle que debido a que a Carreira e a Andaina están patrocinadas é imprescindible a filmación da mesma para a xustificación da súa realización, co cal vanse sacar fotografías. A inscrición na carreira implica a posibilidade de aparecer en ditas fotografías, coa finalidade de promocionar e xustificar a devandita actividade. No caso de non desexar aparecer nas mesmas, debe solicitalo ou ben con anterioridade ao día da carreira ou ben antes da mesma.

Art. 16) OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da RFEA e IAAF en vigor.



Información actualizada a 31/5/2024.