Calendario
Info da proba

Silleda

31/05/2024 20:40 - 21:40
Regulamento IX CARREIRA POPULAR “ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA”
1. A Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo
organizará a IX Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrará o venres
31 de maio de 2024.
2. Poderán participar atletas federados e non federados. Realizarase unha clasificación
conxunta. Esta proba está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación
Galega de Atletismo.
3. Categorías:
Categorías Anos Categorías Anos
PITUFOS 2017 e posteriores SUB 20 2005 / 2006
SUB 10 2015 / 2016 SUB 23 2002 / 2003 / 2004
SUB 12 2013 / 2014 SENIOR 2001 e anteriores ata veteráns
SUB 14 2011 / 2012 MÁSTER A De 35 a 44 anos
SUB 16 2009 / 2010 MÁSTER B De 45 a 54 anos
SUB 18 2007 / 2008 MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65 anos
4. DISTANCIAS E HORARIOS
Hora Categoría Distancia Voltas
20:00 PITUFOS 150 m.aprox.
20:10 SUB 12 E SUB 10 1.200 m.aprox. 2 Voltas
20:20 SUB 18, SUB 16 E SUB 14 2.200 m.aprox. 5 Voltas
20:40 SUB 20-23-SEN-MÁST. A-B-C-D 7.000 m.aprox.
5. LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO
Video del recorrido:
https://youtu.be/QdDBghn6e-0
O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feira Internacional
de Galicia en Silleda - Pontevedra (ver plano anexo)
a. Percorrido Pitufos (liña vermella)
b. Percorrido Benxamín – Alevín (2 voltas, 1.200 m aprox.)
c. Percorrido Infantil – Cadete (5 voltas, 2.300 m)
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/circuito-benxamin-alevin-infantil-cadete-35068175
d. Percorrido absoluta 7k (70% asfalto e 30% terra)
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/v-carreira-popular-abanca-semana-verde-de-galicia34866908
6. INSCRICIÓNS
Dende o 01 de maio de 2024 todos os atletas poderán inscribirse no formulario habilitado
para tal efecto na páxina web www.carreirasgalegas.com. O custe da inscrición será de 5€
para as categorías absolutas e gratuíta para as categorías escolares.
O prazo de inscrición rematará o día 28 de maio ás 23:59 horas non admitíndose baixo
ningún concepto, inscricións fora do prazo establecido no presente regulamento.
Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuíces. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e
secretaría será realizado por procedementos automatizados.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase o día 31 de maio dende as 18:00 horas nas
inmediacións da liña de saída.
Os dorsais son persoais e intransferibles e irán colocados na parte anterior do corpo de
forma totalmente visible durante toda a proba. O incumprimento desta norma poderá ser
motivo de descualificación.
8. PREMIOS E AGASALLOS
• Tod@s @s participantes da categoría Pitufos recibirán un diploma.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV
recibirán trofeo.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán
un trofeo.
• Trofeo para o atleta mais veterano.
• Trofeo a atleta local mellor clasificado.
• Medalla para tod@s os participantes.
Os trofeos non son acumulativos, salvo os de mellor atleta local.
Todos os atletas premiados cumprirán estritamente as indicacións da organización e os
protocolos establecidos para recoller os trofeos.
9. SAÍDA E FORMATO DA PROBA
Realizaránse de forma conxunta, respectando o protocolo en vigor.
10. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na parte
anterior do corpo, en toda a súa extensión ou que incumpra as normas establecidas no
regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será
descualificado a criterio do xuíz árbitro competición.
A organización establece un peche de control 60’ despois da chegada do 1º clasificado
absoluto da proba.
11. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
12. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización ou
persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós
participantes. Non se permite a participación con mascotas. A organización recomenda ós
participantes, pola súa seguridade, que non participen con dispositivos reprodutores de
música con auriculares.