Dom, 24 Mar 2013, 22:35
Asunto: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA
Edu e Manolo son as caras visibles, pero non te esquezas de Pachicho (avituallamento do Dolmen) nin de Sil (avituallamento final) ou de Israel que veu pechando a carreira todo o camiño.
Alégrome que vos gustara o percorrido e -polo menos- as boas intencións que se lle poñen.
Xa tendes fotos no flickr de Arousa:
www.flickr.com/photos/arousacom/
Mañán con máis calma habilitaremos un enlace directo dende a nosa web.
E pola parte que nos toca felicitar ós participantes que con deportividade, bo humor, esforzo, e mais de un paraugas non dubidaron en embarrarse ata os tobillos para -esperamos- disfrutar da andaina.
Como parte negativa destacar certo tipo de persoas que menospreciando ós demais participantes, despreciando á organización, e chuleandose dunha conducta máis que reprobable. E que cando se lle reprocha ainda teñen máis que dicir. Parece mentira que esa xente organice outras andainas e teña esa actitud con outros que nos consideramos "compañeiros". Alá eles e a súa dignidade, conciencia, e mal obrar.
Hai que ser moi "..." (aquí deixo que cada quén poña o calificativo que queira logo de ler o seguinte), para presentarse no punto de partida da andaina unha hora antes da saida e facer o percorrido aproveitándose que está marcado e que a organización ten todo disposto para aqueles que entenden que para disfrutar dunha ruta organizada hai xente detrás montandoa.
En fin... xa mandarán logo 15 emails recordándonos que eles organizan unha andaina, ou dúas.