Mar, 16 Abr 2013, 21:54
Asunto: Andainas na Costa da Morte
Hai unhas semanas presentaronse unha serie de andainas na Costa da Morte. Para quen lle interese:
Sábado 20 de abril: Ponteceso-Corme pola ribeira. Inscricións ata o 18 de abril en turismoponteceso @ ponteceso.net. Son 11.3 km e a duración estímase en 3 horas.
4 de maio: Moreira-Nemiña (zona de Muxía e cabo Touriñán), 13 km. Inscricións ata o 2 de maio en diego.castiñeira@muxia.dicoruna.es
11 de maio: Polos montes do Faro (Vimianzo), 14.3 km. Inscricións ata o 9 de maio en deportes @ vimianzo.es
18 de maio: Península de Corcubión, 14.4 km. Inscricións ata o 16 de maio en carlos.pazos @ corcubio.dioruna.es
25 de maio: Zona de Reira en Camariñas pola cabo Vilán, 14.5 km. Inscricións ata o 23 de maio en fran.puga @ camarinas.dicoruna.es
En tódolos casos as saidas serán ás 10 da mañá.
Toda esta información saqueina dun folleto que se reparte nestes concellos que as organizan. Neles ven máis información, describindo cada ruta máis polo miúdo. Se a alguén lle interesa poño a descrición que ven no folleto.Por desgracia eu non podo ir a ningunha, pero coñezo a maioría deses sitios e recoméndovos, que se podedes, vaiades.