Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Xul 2023, 10:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

www.google.com/search?...QHbv7pz16U

Gracias Meiga. La verdad es que ando muy liado y la cosa pasa por una transformación a lo Pollastre: Una gaceta mensual.

No te preocupes que no muero de momento. Si algún día me llega el camión te vas a enterar antes por la prensa que por CeG, que últimamente es como las criptomonedas, un negocio residual. De todas formas, conste aquí, que el día en el que el camión me aplaste habrá permiso por mi parte para hacer parodia al estilo del enlace.

Acuérdense los guionistas de mi exceso de peso, mi mal olor y calvas incipientes.

Sacaré tiempo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 22 Xul 2023, 22:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

A Favela de vacacións (III)
Totalmente de acordo co do vento nesta illa Freaky.
Un vento que frea para correr, pero que non evita a transpiración por exceso de temperatura a partir das 8 da mañá.
Finalmente logrei facer 3 saídas, pero como o aloxamento queda lonxe de Pocillos e xusto na zona alta do pobo, conformeime con ir unha vez pola Avenida de las Playas, outra polo paseo do porto, e a de hoxe pola mañá explorando camiños de terra por descampados na zona alta da vila. A única saída que fixen cómoda e sen abafar foi de noite, antes das 7 da mañá, coma nos meus vellos tempos.
Moi poucos km de trote, nin a 15 cheguei, pero sendeirismo a punta pala. Tanto que ando nunha media de 20.000 pasos diarios esta semana.
Pode que o balance atlético quede escaso, pero no paisaxístico naturalista non hai queixa ningunha.
Mañá, regreso á Favela, se Vueling e RENFE funcionan en debida forma.
E para a semana deixeremos atrás as vacacións e iremos preparando a pretemporada
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Xul 2023, 14:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

A que sí. Llega un momento que te raya la cabeza.

Yo lo soporte alguna vez hasta con 46º. Horrible. Pero la isla es una delicia.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 02 Ago 2023, 23:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

A Favela en vacacións (IV)

A idea era volver a Teis á vida normal a partir do 24, e retomar o ritmo de tres saídas semanais e poñerme en modo pretemporada... Pero ao final van ter razón os de Aerolíneas Federales co tema das vacacións : foi chegar de Lanzarote e ter que poñerme ao día coas silveiras nas leiras, a poda de tomates, as coladas atrasadas e atender a visitas e xuntanzas varias.
A primeira saída en todo este tempo foi onte martes, e grazas a qué unha compañeira de clube, Sandra, propuxo saír pola senda Verde.
Ela saíndo de lesións e eu saíndo da desidia, o caso é que nos adaptamos ben a un ritmo tranquilo e acabamos facendo case 8 km.
Hoxe o corpo pedía sofá, pero terei que tratar de saír 2 días máis nesta semana e remontar dunha vez.
A ver se mañá xoves...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 14 Ago 2023, 7:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pretemporada
Din que a palabra fai o hábito. A ver se é verdade, e me vou poñendo as pilas.
Certo que nestas dúas semanas logrei ese mínimo de 6 saídas previstas, pero con moi pouco nivel de esixencia. Catro delas foron con Sandra, sempre pola tarde, con bastante calor e bastantes costas, así que con cubrir o tempo e a distancia xa nos dábamos por contentas.
As outras dúas saídas foron a Chapela. Unha o domingo pasado pola tarde, e coa calor e a dixestión sen rematar saíu un crono absolutamente tortuguil de 57 minutos. Onte ao mediodía volvín a intentalo. A cousa xa saiu en 54 minutos, pola calor, pero desde logo queda moita marxe de mellora.
O asunto é que en setembro xa tocará facer algunha carreira ( non sei se a de equipos de Redondela ou cal), e en outubro xa toca retomar o circuíto.
Así que me repito o mantra outra vez: pretemporada, e a espabilar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 22 Ago 2023, 9:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pretemporada (II)
Por unha vez conseguín unha semana estándar, con 3 saídas, aproximadamente 27 km e por fin un entreno a ritmo de 5:40 polos tobogáns da Favela, e aturando o calor de media mañá. O que segue sendo estándar é a ausencia de táboas de reforzo, cousa que espero solventar de vez nesta nova semana que teño por diante en terras de Louro. Maloserá que non tendo que estar pendente da cociña a horta e a lavadora non me organice un pouco mellor.
Imos vendo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 26 Ago 2023, 21:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pretemporada (III)
Remata esta semana por terras de Louro con obxectivos cumplidos. Se lle podo chamar obxectivos as cousas que eu fago despois de ver cada día o recital de proezas que acontecen cada día no mundial de Budapest.
En calquera caso aí quedan as catro saídas, os case 30 km de trote en total, máis 15 de andaina que fixen o xoves.
Os ritmos flouxiños, pola calor, as costas, e no día de hoxe os 8 km de area blanda en marea alta pola praia de Carnota.
Mañá descanso e estiramentos, e a disfrutar da conciencia atlética tranquila.
E por si acaso poñer unha vela ao santo pertinente para que non caían demasiados " meteoritos" nos foros, e agradecer a Litho, Ghose e outras mans caritativas que a cousa non sexa peor
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 03 Set 2023, 17:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pretemporada ( IV e última)

Rematou o tempo de vacacións. E como era de esperar, coa volta ao traballo e teimas domésticas, esta semana os obxectivos quedaron manifestamente sen cumprir .

Aínda bo foi se onte sábado conseguin facer un "Chapela ida e volta dos de sempre". Tendo en conta o calor do mediodía e os días de desentreno, non me queixo do rendemento. Creo que me daría un aprobado. Polo lado atlético non hai moito máis que dicir.

Pero no relativo ao censo de viandantes tiven unha experiencia que non sei se calificala de paranormal... Estaba xa no tramo final cando vexo parado no arcén do meu lado da rúa a alguén que parecía unha personaxe saída do diarios de Freaky ou Larpeiro , transmutada aquí na Favela: Home de mediana idade, hiperbronceado, porte fino e atlético, pantalón corto deportivo azul non moito máis grande que os que usan as xogadoras de bolei praia . Camiseta salmón, mochila pequena e funcional ao lombo. Como agardando por alguén para facer unha sesión de deporte saudable... Ata aí todo correcto. O que non tivo desperdicio foi ver que na man lucía un tremendo pedazo de reloxo ( con pinta de ser un Rolex de ouro dos de medio kilo) e que entre os dedos desa man había un auténtico cigarro puro a medio fumar.

Quedei un tanto descolocada , polo impactante do adobio deportivo tan cheo de contrastes , e sobre todo polo maldito fume e o cheiro do puro que me tiven que tragar durante unha boa chea de metros ... Vivir na favela que bonito é, xa o dí a copla.

Pecho o informe desta semana , e vou agora mesmo a tratar de expiar os meus pecados de omisión atlética desta semana, facendo un pouco de dor de corazón e propósito da enmenda na bici estática, con sesión de pesas, planchas e abdominais .
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Set 2023, 7:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Si realmente estás con los ejercicios de suelo y estática no estás en absoluto de huelga.

Los caminantes con reloj de oro (ver Walking Death) son una de las motivaciones, una de las muchas, para seguir a los entrenos out-door. Compensa siempre el olor a puro si el espectáculo vale la pena. Era el caso claramente. Y recuerda, nuestro objetivo/destino final es, precisamente transformarnos en caminantes (yo ya lo soy desde hace muchos años). Hay que tratar de hacerlo con la mayor indignidad posible. Aunque diría más susurradores que caminantes (si eres fan de Daryl).

No te dejes comer las papas por septiembre.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 10 Set 2023, 21:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:

No te dejes comer las papas por septiembre.

Pois se antes o dis, Freaky, antes me comen as papas. Foi comezar a traballar e convertirse isto no avance de Misión Imposible 8, con moitos menos presuposto, e menos acción.
Tan pouca que só fixen unha saída está semana, hoxe pola mañá. Iso si, completiña.
Xa non me prometo nada para esta semana, non vaia ser que non o cumpla.
Que vida ésta
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 17 Set 2023, 22:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación F 4 (II) : Semana 1
Xa non hai volta de folla. Toca facer as 3 carreiras que me quedan do circuíto Runrún Vigo, e hai que poñerse as pilas
A primeira xa está aí a menos de un mes, a de Vigo contra o cancro, o 15 de outubro.
Polo menos esta semana rediminme un pouco da inactividade da anterior. Logrei facer 3 saídas de 9 km, e 2 táboas de reforzo de glúteos e abdominais.
No censo desta semana xa non atopei ningún fumador con rolex. Conócese que xa vai rematando o verán.
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 18 Set 2023, 17:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Lástima que non vos animedes a facer equipo para a contrarreloj de Redondela. Temos unha escasa participación de equipos femeninos, únicamente 2, polo que nos da pena que unha marab Silbar illosa cesta quede sen donos...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Set 2023, 20:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Lolinho38 escribió:
Lástima que non vos animedes a facer equipo para a contrarreloj de Redondela. Temos unha escasa participación de equipos femeninos, únicamente 2, polo que nos da pena que unha marab Silbar illosa cesta quede sen donos...
Pois si que estábamos pensando en ir, que o ano pasado quedamos contentas da experiencia. Pero non dimos xuntado xente este ano. Unha mágoa
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 25 Set 2023, 8:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación F4 (II) : Semana 2
Seguimos en modo "conciliación imposible", pouca carreira, pero moita andaina por temas de traballo. Media diaria de pasos por riba de 14.000. Km de trote escasamente 20,5 .
A ver se nesta semana que entra conto cousas mellores ...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Out 2023, 21:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: "Carreira contra o cancro"
Xa perdín a conta das semanas da operación F4, cada unha máis caótica ca anterior, ata o punto de que ésta non fixen un só entreno, e pola contra moitísima vida sedentaria traballando horas e horas no ordenador.
Media de horas de sono nos últimos días, entre 4 e 6, e, algún día houbo de durmir só 3.
E con este escasisimo capital vinme hoxe en Coia as 10 da mañá facendo un quentamento miserable de menos de 10 minutos antes arrancar no arco de saída.
A miña primeira vez na Carreira contra o Cancro.
Fixeime nos globos das lebres, e fixen o propósito de ir coa de 55 minutos. Pero sen saber moi ben cómo, estiven case media carreira a poucos metros da de 50.
O percorrido era un auténtico tobogán, xa coñecido das veces que corrín a nocturna da Florida.
Por algún momento parecía que me ía dar o baixón de glicosa. E eu sen barriñas enerxéticas nos petos.
Aínda asi, fixen o que puiden. E nin tan mal, que acabei no posto 45 de 131 mulleres chegadas a meta, detrás dalgunha archirrival que me pasou no último km, pero que lle imos facer se non entreno nada.
Hoxe non correu a líder F4 do circuíto. Eu creo que sabe que ten puntos de sobra para quedar de primeira, por moito que gañemos as demais ata final de ano e por iso non viu.
Moita chuvia, que desmereceu todo, e deixaba o corpo enchoupado e frío, sen ganas de parar a ver nada. Pero a andaina dos 5 km aínda así brillaba con luz propia na Avenida Castelao. Malos tempos para a lírica e a paz mundial, pero que non se diga que non había xente hoxe mollándose con gusto por unha boa causa. Pagou a pena velo.
Nas vindeiras tres semanas toca pensar na 21 de Vigo.
Aí si que xa non valen improvisación nin caos. Non sei como vou conciliar traballo e entrenos, pero maloserá.
De momento sigo a saborear un chisco máis do feito de ter salvado o tipo o día de hoxe.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos