Xov, 08 Mar 2018, 19:39
Asunto: IX CARREIRA POPULAR DE CHANTADA - (14/04/2018)
Xa está en marcha a IX edición da Popular de Chantada -
10km no corazón
Este ano, co ánimo de facilitar a participación a un maior número de corredores, incorporamos dúas modalidades novas: a opción de correr 5000m polo mesmo trazado do 10000 e a "carreira pola integración", enfocada a persoas con calquer tipo de discapacidade. Conservamos as carreiras para os máis pequenos con distancias de 100, 500 e 2500m, esta última cronometrada e as outras en modalidade participativa.
Volvemos a organizar todo dende emblemática Praza de España, "O Cantón", onde sucederán a entrega de dorsais, saídas, chegadas, entregas de trofeos, etc.
Ademais queremos colaborar cun colectivo local que está desenvolvendo un gran traballo en favor dos familiares de persoas enfermas de alzheiner, solicitando a vosa axuda a través de pequenas aportacións económicas que, por suposto, son totalmente voluntarias.
As inscricións están abertas, podedes acceder directamente dende o seguinte enlace
INSCRICIÓN , ou buscarnos en
championchipnorte.
Un saúdo!!