Mér, 31 Ago 2011, 10:20
Asunto: Re: ruta río Lérez
decirvos que este é o 2º ano en que organizamos a Andaina Lérez -Almofrei o dia 25 de setembro duns 22 km cunha dificuldade baixa-media (eminentemente fluvial). Ese dia tamén como vedes facemos unha Xuvenil con monitores e charla pedagóxica, outra Infantil (a maneira de gardería), e unha para os veciños da zona (Salgueiral- A Corticeira).
Como novidade este año faremos previamente o DIA 10 DE SETEMBRO duas andainas:
- Unha de ORIENTACIÓN (por unha senda anexa á do Almofrei, chamada Serra da Ferradura duns 15 km, con colaboración de profesionais en orientación). Eu marcaria no voso calendario como unha proba deste tipo (Andaina de orientación no Almofrei - Serra da Ferradura - Pontevedra):
Descrición: andaina de orientación e aventura polas inmediaciones do río Almofrei. Data: Sábado 10 de setembro 2011. Idade:
maiores de 18 anos e menores que vaian acompañados por os seus pais ou titores e baixo a súa responsabilidade. Lonxitude: 15 km.
Dificultade: media-baixa. Saída: ás 16,00 h. da Casa da Cultura do Salgueiral. Duración Precista: 4 horas. Peche control: 20,00 h.
Avituallamentos: Saida, punto medio e final. Prazas: máximo 50 persoas. Custo inscrición: 10<. Inclúe: avituallamento, camiseta e
equipo de orientación durante a actividade.
- Outra Andaina nocturna Lérez-Almofrei o dia 10 de SETEMBRO, duns 12 km, a partir das 20:30 h.:
Descrición: Andaina que inclúe unha sesión de observación nocturna do ceo coa colaboración dos membros da Asociación Sirio. Itinerario: Ponte dos tirantes > Presa de Bora > Os Pasos > A Fervenza > Pico Sacro> Salgueiral > Regreso en autobus a Pontevedra.Data: Sábado 10 de setembro 2011. Idade: maiores de 18 anos e menores que vaian acompañados por os seus pais ou titores e baixoa súa responsabilidade. Lonxitude: 12 km. Dificultade: media-baixa. Saída: 20,30h da Ponte dos tiranes. Duración prevista: 4 horasPrazas: máximo 50 persoas. Avituallamentos: con bebida quente no Pico Sacro Custo inscrición: 10<. Inclúe: avituallamento,camiseta, sesión de astronomía coa charla dun astrónomo e regreso en autobús a Pontevedra.
Agardando que vos sirva de esclarecemento, estamos negociando o banquete final ( isto da crise!), estades convidados.
Saúdos.