Circuito: Estatisticas do Circuito 2010 2011

Rematou a edición 2010-11 do Circuito Galego de carreiras populares gran premio "Correr en Galicia" e ademais de facer unha homenaxe ós vencedores é tempo de botar unha ollada ás cifras. Este foi a distribución das probas e dos resultados enviados por provincias.


E nesta outra táboa vese a distribución de resultados enviados, % dos mesmos sobre o total de chagados e probas por distancias e número de chegados á meta

É de destacar como malia que o 66% dos resultados enviados o foron en probas ata 11 km a participación de xente do circuito é claramente superior en probas de mais de 12 km; en especial no tramo de 12 a 15. E para rematar, por agora, este tema vos deixamos un gráfico que reflicte o nº de participantes distribuidos polo número de resultados enviados (carreiras realizadas) no que se pode ver claramente que o problema de 'sobreparticipación' do que tanto se fala só afecta a < dun 5% dos participantes do circuito que fixeron mais de 4 probas por mes.

Si consideramos o fomento da participación como obxectivo do circuito vese tamén que hai "marxe de mellora" pois a maioría dos participantes non chega a 2 probas por mes.

"Circuito: Estatisticas do Circuito 2010 2011" | 0 comentarios

Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.